Rendemos homenaxe a Bernardino Graña, o poeta do mar e do amor, falecido a pasada fin de semana e despedido en Cangas, a súa vila natal, cun acto laico multitudinario. Víctor Freixanes, Cesáreo Sánchez e Helena Villar axúdannos a facer unha semblanza dun escritor con obra poética, narrativa, teatral, ensaística. Ademáis, o noso colaborador Carlos Crespo trae ó grupo ferrolá de pop “Todo el largo verano”.