Lembramos a Trinidad Falcés, activista coruñesa finada en 2022, tras unha vida marcada pola represión da ditadura ás persoas LGBTQ+. A exposición 'Relembrando a Trini', pode visitarse na Biblioteca Durán Loriga da Coruña ata o 15 de xaneiro. Comisariouna a artista Sergio Marey, autora tamén do libro 'É mellor loitar que morrer de fame'.
Eva Mejuto trae ao seu Faro de lecturas LIX a tradución ao galego de 'Invisible', de Eloy Moreno e mais de 'Quero escribir literatura' de Manuel Veiga Taboada.