A escritora galega Antía Yáñez vén de publicar a súa terceira novela para adultos: “O Clan das Barbies”, unha utopía hipertecnolóxica onde as mulleres, por fin, fan uso da violencia.
O Museo de Pontevedra vén de inaugurar a exposición “Acisclo en 66 obras”, que percorre a traxectoria creativa dun dos artistas máis relevantes da escultura galega posterior aos anos 60 do pasado século: Acisclo Manzano.
E o CDG coproduce a obra teatral “Frágua de amor” do Ciclo Quintas do Camões, unha obra que data do século XVI. Están connosco a actriz Mónica Camaño e o músico Xurxo Varela.