Do 20 ao 28 deste mes desenvólvese en Vigo a oitava edición do Galician Freaky Film Festival na Praza Elíptica. Na sección oficial compiten 60 curtametraxes chegadas de 29 países. Conversamos con Juan de Castro, director do festival, que salienta as producións galegas e as homenaxes aos 40 anos de Terminator e Pesadelo en Elm Street. Tamén as dúas décadas da mítica Toxic Percebe.
Moncho Lemos fálanos de dúas estreas de cine español.
Puntos Suspensivos, dirixida por David Marqués, é un thriller que combina o mundo da literatura cosuspense psicolóxico
Solos en la noche, de Guillermo Rojas. Un grupo de avogados laboralistas agóchase nunha casa cando se produce o golpe de Estado do 23-F.