“O hórreo é un sinal de identidade de primeira liña”. Carlos Henrique Fernández Coto, presidente da Rede Internacional Hórrea de Graneiros Elevados Tradicionais. Galicia acolle por vez primeira o Encontro Internacional arredor destes bens patrimoniais do 27 ao 29 deste mes en A Estrada.
Con Ana Romaní visitamos dúas mostras fotográficas de Manuel Outumuro.
Dolores Vilavedra comenta o poemario ”Unha casa onde vivir”, de Inma Núñez, a obra gañadora da XXIII edición do premio de poesía Fiz Vergara Vilariño.