Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Visita ao castro de Astérix
    Manel Cráneo lévanos á aldea de Astérix... ou máis ben ao parque temático que a recrea desde hai 35 anos.
    Unha oportunidade de pasear entre os personaxes dun dos cómics máis lido do mundo e moi querido en Galicia,
    onde dispoñemos dos álbums da serie traducidos á nosa lingua.
    31 min
  • Inconformistas da música clásica
    Coñecemos a nova temporada da Real Filharmonía de Galicia con Baldur Brönniman e Sabela García-Fonte, director técnico e artístico e directora técnica respectivamente. 
    Baixo o título 'Inconformistas', a programación pon o foco en compositores que abriron novas vías sonoras. Canda Beethoven ou Berlioz, nomes do noso tempo como Isabel
    García-Tomás, Premio Nacional da Música en 2022 e compositora residente da RFG neste curso.
    31 min
  • Polos camiños de Santiago con Edith Warthon
    Con Raquel C. Pico seguimos as pegadas de Edith Wharton pola Galicia dos anos vinte.
    Considerada unha das escritoras máis populares da literatura estadounidense contemporánea, a súa novela máis coñecida é ‘A idade da inocencia’ 
    En 1925 e 1928 percorreu o noso país e quedaron testemuñas escritas nun diario e apuntes para un libro. Segundo dixo Galicia ten unha “paisaxe inigualable, a non ser pola de Grecia” chea de “cores translúcidas”.
    31 min
  • Antes de Nós
    Conversamos coa directora Ángeles Huerta sobre a película “Antes de Nós”, que xira arredor da figura de Castelao e está en plena rodaxe. “Para min un artista excepcional dunha sensibilidade moi elevada”
    Non é unha biografía convencional, xa que busca entender como era Castelao antes de se converter nunha icona. As cousas así, céntrase en dous momentos fundamentais: o seu labor como médico en Rianxo durante a gran gripe de 1918 e a viaxe a Bretaña coa súa dona tras perderen o seu único fillo en 1929.
    31 min
  • Diario cultural 25-09-2024
    A galería Nordés acolle “A pintura que mira”, un conxunto seleccionado de pinturas e papeis de Ánxel Huete. Unha mostra de obra recente comisariada por Juan de Nieves. E ademais "O gabinete de Ricardo Blanco Cicerón"
    17 min
  • Diario cultural 25-09-2024
    A Real Filharmonía de Galicia comeza a nova temporada, 'Inconformistas', dedicada aos músicos que abriron novas vías sonoras.
    Manel Cráneo lévanos á aldea de Astérix, o galo irredutible que protagoniza un dos cómics máis lidos do mundo, que ten o seu propio parque temático.
    31 min
  • Diario cultural 25-09-2024
    Conversamos coa directora Ángeles Huerta sobre a película “Antes de Nós”, que xira arredor da figura de Castelao e está en plena rodaxe. “Para min un artista excepcional dunha sensibilidade moi elevada”.
    Con Raquel C. Pico seguimos as pegadas de Edith Wharton pola Galicia dos anos vinte.
    31 min
  • X Encontro Cultura e Cidadanía
    Os dereitos culturais e as transformacións na cultura dos últimos dez anos a exame no encontro Cultura e Cidadanía que se desenvolve en Santiago de Compostela
    600 profesionais participan no programa do Ministerio de Cultura
    17 min
  • Unha casa onde vivir
    Dolores Vilavedra comenta o poemario ”Unha casa onde vivir”, de Inma Núñez, a obra gañadora da XXIII edición do premio de poesía Fiz Vergara Vilariño.
    31 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00