“Loba Branca fala de vinganza e tamén de redención”. Brais González, compositor e director desta ópera galega.
A música está inspirada nun relato de Vicente Risco que discorre no Courel. Ritmos complexos, texturas ambientais e fusión coas músicas de tradición oral e urbanas. Hoxe ás 19h no Principal de Ourense.
L’elisir d’amore, de Donizetti, no Colón da Coruña coa soprano Ruth Iniesta no papel de Adina e o tenor Ramón Vargas no de Nemorino. Hoxe ás 19h e tamén o domingo.
Afonso Becerra comenta Suores de Mel e a Morte Não Terá Domínio. Un espectáculo dos portugueses NuIsIs ZoBoP que conmemora o cincuenta aniversario da Revolución dos Cravos.