Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 27-09-2024
    “Loba Branca fala de vinganza e tamén de redención”. Brais González, compositor e director desta ópera galega.
    A música está inspirada nun relato de Vicente Risco que discorre no Courel. Ritmos complexos, texturas ambientais e fusión coas músicas de tradición oral e urbanas. Hoxe ás 19h no Principal de Ourense.
    L’elisir d’amore, de Donizetti, no Colón da Coruña coa soprano Ruth Iniesta no papel de Adina e o tenor Ramón Vargas no de Nemorino. Hoxe ás 19h e tamén o domingo.
    Afonso Becerra comenta Suores de Mel e a Morte Não Terá Domínio. Un espectáculo dos portugueses NuIsIs ZoBoP que conmemora o cincuenta aniversario da Revolución dos Cravos.
    31 min
  • Bulebule
    "Hai unha certa idade na que de repente perdemos o público"
    Os Náufragos Teatro estrea Bulebule, un espectaculo sobre o TDAH e o valor da diversidade que retoma o ronsel do premiado Hugo.
    17 min
  • Bala, O Portughés, Mariagrep
    Tito Lesende repasa a programación do festival Noites do Porto, na Coruña, no que actúan Bala o venres 27 de setembro.
    Tamén escoitamos cancións novas d'O Portughés e mais de Mariagrep.
    31 min
  • MARÉ, música e diversidade
    Ata o 29 de setembro o festival MARÉ celebra a diversidade con concertos en diferentes espazos de Santiago de Compostela.
    A Pedreira, Albert Pla, Ana Lua Caiano, Francisco, el Hombre ou Alana son algúns dos artistas que participan neste encontro con músicos
    de dez países diferentes, que incorpora nesta edición un espazo profesional. Conversamos co coordinador do festival, Quique Costas, e con Sés, 
    que actúa no Teatro Principal en formato trío.
    31 min
  • Soy Nevenka e La virgen roja
    Moncho Lemos comenta dúas estreas de cine baseadas en feitos reais.
    *Soy Nevenka, de Icíar Bollaín, relata a historia da concelleira que denunciou ao alcalde de Ponferrada por acoso.
    *La virgen roja, de  Paula Ortiz, é outra revisión do caso Hildegart, un dos crimes máis célebres da crónica negra española.
    31 min
  • Baiuca na Radio Galega
    “ É o disco de divertirme”.
    Barullo é o terceiro álbum de estudio de Baiuca, con máis electrónica aínda e ritmos máis rápidos. Está callado de colaboracións e ten por obxectivo é poñer a xente a bailar.
    31 min
  • Diario cultural 26-09-2024
    “ É o disco de divertirme”.
    Barullo é o terceiro álbum de estudio de Baiuca, con máis electrónica aínda e ritmos máis rápidos. Coma ata agora está callado de colaboracións e ten por obxectivo é poñer a xente a bailar.
    Moncho Lemos comenta dúas estreas de cine baseadas en feitos reais: Soy Nevenka e La virgen roja
    31 min
  • Diario cultural 26-09-2024
    Os Náufragos teatro estrea Bulebule. A montaxe dirixida por Gustavo del Río achégase ao TDAH nun espéctaculo para público familiar. E ademais a rodaxe do filme Antes de nós
    17 min
  • Diario cultural 26-09-2024
    Visitamos o festival MARÉ, que ata o 29 de setembro celebra en Santiago a diversidade con artistas de dez países.
    Tito Lesende repasa a programación de Noites do Porto e pica novas cancións d´O Portughés e de Mariagrep.
    31 min
  • A pintura que mira
    “O cadro tamén mira”. Ánxel Huete expón na Coruña obra recente. A Galería Nordés acolle a exposición “A pintura que mira” comisariada por Juan de Nieves
    17 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00