Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 01-10-2024
    Arranca en Compostela a 21 edición de Curtocircuito, un festival interdisciplinar que, mantendo o cinema como eixo, atende tamén á fotografía, a arte sonora, a etnografía, a música ou a literatura.
    Conversamos co seu director artístico, Pela del Álamo.
    Dolores Vilavedra comenta Material de construción, de Eider Rodríguez. A relación entre unha filla escritora e o seu pai alcólico.
    Tradución ao galego de María Ramos
    31 min
  • Diario Cultural 01-10-2024
    Escoitamos 'A caída da antorcha humana', o último disco d´O Portughés, música urbana en galego cociñada no monte Xiabre. 
    Mónica Maneiro fala hoxe da mostra 'Arturo Álvarez 30 aniversario', unha retrospectiva que permite percorrer a traxectoria deste deseñador de lámpadas no seu tránsito cara á arte.
    3 hr 57 min
  • Dos Túzaros a Urko
    Patty Castro segue presentándonos pioneiros da 'Galiza metálica'. Hoxe fálanos de Túzaros, un grupo de hardcore punk compostelán activo na década dos 90 e nos primeiros anos deste século. Un dos seus integrantes, o arqueólogo Mario César Vila, milita agora na formación de metal Urko,
    que veñen de publicar o seu primeiro EP.
    31 min
  • OUFF, moito máis que proxeccións
    OUFF, moito máis que proxeccións
    Conversamos coa actriz Ledicia Sola, que presenta o seu primeiro proxecto como directora no marco do OUFF Lab. 'As augas' é unha longametraxe sobre mulleres de mediana idade que está en proceso de produción. No Festival Internacional de cine de Ourense preséntanse proxectos cinematográficos e tamén se rodan películas, como nos conta Paulino Pérez, coordinador dos certames Fas Muvis e Fas Curtas, dirixidos a cineastas de menos de 30 anos.
    31 min
  • Tomás Porteiro
    Carlos Crespo preséntanos a Tomás Porteiro, un cantante e compositor compostelán que ademais da súa carreira en solitario fai parte de bandas coma Sinestesia e Néboa
    Pop elegante con sonoridades da tradición americana
    31 min
  • Pena Corneira
    A campaña arqueolóxica no Monumento Natural de Pena Corneira localizou un gran poboado romano e unha necrópole. Pero quizais o máis rechamante son os restos do Calcolítico que poden remontar a ocupación do lugar como mínimo hai 4.000 anos.
    Pena Corneira ocupa arredor de mil hectáreas entre os concellos de Leiro e Carballeda de Avia. Vituco Neira lévanos ata alí e conversa co arqueólogo que dirixe os traballos.
    31 min
  • Diario cultural 30-09-2024
    A campaña arqueolóxica no Monumento Natural de Pena Corneira localizou un gran poboado romano e unha necrópole. Pero quizais o máis rechamante son os restos do Calcolítico que poden remontar a ocupación do lugar como mínimo hai 4.000 anos. Viaxamos ata alí con Vituco Neira.
    Carlos Crespo preséntanos a Tomás Porteiro, un cantante e compositor compostelán que ademais da súa carreira en solitario fai parte de bandas coma Sinestesia e Néboa
    31 min
  • Diario cultural 30-09-2024
    Conversamos coa actriz Ledicia Sola, que presenta o seu primeiro proxecto como directora no marco do OUFF Lab. ´As augas`. E con Paulino Pérez, coordinador dos certames Fas Muvis e Fas Curtas, dirixidos a cineastas de menos de 30 anos.
    Patty Castro fálanos de Túzaros e Urko
    31 min
  • Galicia, un mar con historia
    "Boa parte das grandes transformacións que se deron na historia de Galicia veñen do mar". O historiador Isidro Dubert é o editor volume Galicia, un mar con historia sobre a importancia do mar e do litorial na historia de Galicia
    17 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00