Terceiro acto. A volta trala pandemia
“Neste momento no que a historia corre a una velocidade endiañada, detémonos para escoitar atentamente, nunha especie de soño poético, a aqueles que van diante de nós, os gardiáns da memoria”
O Centro Dramático Galego reestrea en Santiago a obra Terceiro acto, interrompida no seu día por mor do coronavirus, coa que percorrerá oito cidades.
O elenco está formado agora por César Cambeiro, Belén Constenla, María Costas, César Goldi e Fernando Morán. Texto e dirección de Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez a partir de improvisacións cos intérpretes.