Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 09-10-2024
    Conversamos con Diego Ares, un dos clavecinistas máis brillantes da súa xeración. O intérprete vigués está en Galicia para interpretar unha obra que supuxo un punto de inflexión na súa carreira, as 'Variacións Goldberg' de Bach.
    Manel Cráneo fálanos hoxe das consecuencias da irrupción da IA xenerativa no ámbito da ilustración e da banda deseñada.
    31 min
  • Diario cultural 09-10-2024
    Os riscos e oportunidades da IA abre a xornada sobre A innovación nas librarías. A Federación de Librarías de Galicia reflexiona sobre as oportunidades da tecnoloxía no sector. E ademais o primeiro disco de Breo
    17 min
  • Simultánea
    SIMULTÁNEA. Sete exposicións en sete cidades da Fundación Abanca. Cun total de trescentas cincuenta obras entre fotografía, pintura, escultura, videoarte e instalación, con máis de douscentas autorías, do século XIX ata hoxe.
    “Convidamos ao público a que visite estas sete mostras dunha dimensión inédita”, Paloma Vela comisaria.
    31 min
  • Diario cultural 08-10-2024
    O grupo de folk BREO presenta 'Máis alá', o seu primeiro disco. O quinteto coruñés explora a música de raíz celta e o misticismo popular.
    Mónica Maneiro comenta a última mostra do artista ferrolán Suso Basterrechea. 'Tienes un gusto de mierda... y yo también' pode visitarse na galería Metro de Santiago ata o 24 de outubro.
    31 min
  • Diario cultural 08-10-2024
    Morreu o Demo recibe o recoñecemento de UNIMA. A recuperación da marioneta tradicional galega e, en particular, de Barriga Verde recibe un dos certificados da Asociación Internacional de Marioneta. E ademais a mostra “Simultánea”
    18 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00