Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Marta Pazos e Pepe Barro
    Felicitamos a Marta Pazos e Xosé María Pérez Barro, gañadores dos Premios da Cultura Galega 2024 nas modalidades de Artes Escénicas e Artes Visuais respectivamente.
    31 min
  • Bipedestrución
    Afonso Becerra comenta "Bipedestrución" , de Disiden.Cia, coa viguesa Marcia Vázquez e Martín Los Arcos. Un espectáculo familiar de danza contemporánea con conciencia LGTBIQA+.
    31 min
  • Ceiba Rimas 2024
    Mañá ás cinco arranca en Pontevedra a cuarta edición do Ceiba Rimas, freestyle improvisado en galego.
    Connosco no estudio os dous gañadores do ano pasado: BIG MEU (Martín Represa) e MOG (Mauro Castaño) que rapean en directo.
    31 min
  • Diario cultural 11-10-2024
    Felicitamos a Marta Pazos e Xosé María Pérez Barro, gañadores dos Premios da Cultura Galega 2024 nas modalidades de Artes Escénicas e Artes Visuais respectivamente.
    O resto dos premiados son Manuel Lourenzo ( Letras) , Joaquín Martínez ( Música), Ficción Produccións (Audiovisual), Julia Díaz ( Lingua), Xosé Manuel González (Patrimonio) e o Real Club Celta de Vigo (Proxección Exterior)
    Eva Mejuto tráenos hoxe“Voitres”, de Miguelanxo Prado e “Dila Crocodila”, de Ana Gómez.
    “Gústanme a idea de comunidade e o merengue”. Ortiga preséntanos o seu terceiro álbum en solitario, Obra social, un traballo que redefine e agranda os sons da música popular e de verbena.
    31 min
  • Diario cultural 11-10-2024
    A diversidade de técnicas e formatos singulariza a 29ª edición de Galicreques. O Festival Internacional de Títeres acolle ata o 20 de outubro 60 funcións de 30 compañías. Eduardo Rodríguez Cunha, Tatán, recolle o premio de honra.
    18 min
  • Diario cultural 11-10-2024
    Mañá ás cinco arranca en Pontevedra a cuarta edición do Ceiba Rimas, freestyle improvisado en galego.
    Connosco no estudio os dous gañadores do ano pasado: BIG MEU (Martín Represa) e MOG (Mauro Castaño) que rapean en directo.
    E con Afonso Becerra"Bipedestrución" , de Disiden.Cia, coa viguesa Marcia Vázquez e Martín Los Arcos, un espectáculo familiar de danza contemporánea con conciencia LGTBIQA+.
    31 min
  • Vertixe Sonora 12
    “Reivindicamos a posibilidade de volver a situar a cultura no centro". Vertixe Sonora 12 acolle máis de 20 estreas. Nova edición do festival de creación contemporánea en Vigo.
    18 min
  • De Rhome a Nick Cave
    Tito Lesende abre a súa colaboración co novo tema de Rhome, un talento noiés emerxente. Escoitamos música de Miriam Rodríguez e de Sabela, que actúan este sábado en Galicia e pechamos 
    co último disco de Nick Cave & The Bad Seeds, 'Wild God'.
    32 min
  • Unha sátira gore e un documental
    Moncho Lemos comenta dende Sitges dúas estreas:
    -“La substancia”, protagonizada por Demi Moore. Unha sátira gore, explícita e con humor sobre a presión estética que sofren as mulleres.
    -“Super/Man: La historia de Christopher Reeve “, coa participación de familiares e amigos do actor.
    30 min
  • Morrer en galego
    Vivir e perdurar na nosa lingua, unha iniciativa do Consello da Cultura Galega da que fai parte o lingüísta Bernardo Penabade “O nivel educativo e a maior presenza das mulleres na toma de decisións teñen moito que ver con que as lápidas estean en galego”.
    Jorge Balado, funerario “en galego son máis agarimosas”
    30 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00