A catedrática de Literatura Galega na Universidade de Vigo, Camiño Noia, e mailo folclorista, coreógrafo e investigador, Quique Peón, recollerán este venres en Lugo os Premios “Mestre e Mestra da Memoria” que concede a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua galega.
Os premios recoñecen as súas achegas, ó longo das súas vidas, á nosa memoria colectiva e o saber popular.
Camiño Noia botou anos dedicada á clasificación do conto galego de tradición oral. Peón, pola súa parte, fixo un extenso labor de recollida de campo, recuperando bailes, danzas, músicas, traxes e tradicións, especialmente desde o grupo Xacarandaina da Coruña.