Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 15-10-2024
    Conversamos co novo director do Museo do Pobo Galego, o antropólogo e arqueólogo Lois Ladra.
    Mónica Maneiro comenta a mostra 'Inner Garden', que a artista Lula Goce expón na galería Dupla de Santiago.
    31 min
  • Desvirgheitors e Cabodano
    Patty Castro segue descubríndonos a Galicia metaleira. Hoxe, con Desvirgheitors, banda de punk nada en Vigo en 1986
    e cos composteláns Cabodano, que este ano editaron o seu segundo disco, 'É mellor matarse'.
    31 min
  • Matemático Rodríguez
    O matemático José Rodríguez González, nado na parroquia lalinense de Bermés en 1770, está considerado o primeiro científico galego moderno. Designado Científico Galego do ano pola Real Academia Galega de Ciencias, diferentes iniciativas difunden esta figura excepcional. Entre elas, a exposición 'José Rodríguez, o matemático de Bermés'. que pode visitarse na Igrexa da Universidade de Santiago ata o 12 de novembro.
    31 min
  • Carabela
    Carlos Crespo tráenos hoxe a Carabela, un cuarteto de Noia que fan música “diverxente”en galego. O sábado estarán na final dos premios Narf en Santiago
    31 min
  • Diario cultural 14-10-2024
    “Sorprendeume o éxito de As malas mulleres” Marilar Aleixandre, Premio Nacional de Narrativa.
    “ Compatibilizar a escrita coa docencia é complicado” Andrea Maceiras, autora de LIX.
    Con elas celebramos o Día das Escritoras.
    Carlos Crespo tráenos hoxe a Carabela, un cuarteto de Noia que fan música “diverxente”en galego. O sábado estarán na final dos premios Narf
    31 min
  • Diario cultural 14-10-2024
    Lembramos o matemático José Rodríguez, designado Científico Galego do ano pola Real Academia Galega de Ciencias. Unha exposición na Igrexa da USC recorda a figura excepcional deste lalinense finado hai dous séculos.
    Patty Castro segue descubríndonos a historia da música metal galega, hoxe cos vigueses Desvirgheitors e os composteláns Cabodano.
    31 min
  • En xogo motor 12-10-24
    Sábado festivo sen competición que aproveitamos no tempo de motor do Galicia en Xogo para facer balance da temporada. Rodrigo Pérez entrevista aos pilotos Luis Penido e José Murado.
    Os rallies regresan o próximo sábado 19 de outubro, coa celebración en Lugo dunha proba clásica no calendario galego, o San Froilán.
    30 min
  • Galicreques
    “Estamos nun momento moi interesante para o teatro de bonecos e figuras en Galicia". Comeza Galicreques. O Festival Internacional de Títeres programa 60 funcións e 12 estreas en Santiago
    18 min
  • Ortiga preséntanos "Obra social"
    “Gústanme a idea de comunidade e o merengue”. Ortiga preséntanos o seu terceiro álbum en solitario, Obra social, un traballo que redefine e agranda os sons da música popular e de verbena.
    31 min
  • Voitres e Dila Crocodila
    Mónica Maneiro tráenos hoxe dúas propostas de banda deseñada.
    “Voitres”, de Miguelanxo Prado, para público xuvenil e “Dila Crocodila”, de Ana Gómez, para a cativada que se inicia la lectura.
    31 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00