Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Ollos cara adentro
    Afonso Becerra comenta “Ollos cara adentro”, unha proposta escénica das bailarinas Xián Martínez e Elena Castellanos que traslada a concepción surrealista do soño a un espazo físico
    31 min
  • A Escola de Teatro de Narón
    “Pode ir quen así o desexe”
    A Escola de Teatro de Narón é un centro público de formación integral que leva 42 anos funcionando.
    Ata alí foi Vituco Neira para falar coa súa directora e con antigos alumnos que agora imparten docencia.
    31 min
  • Diario cultural 18-10-2024
    Repasamos a carreira de Avelino González, actor, narrador oral, tamén director, autor e tradutor teatral. O intérprete vigués é o Xograr de Outono de 2024, unha distinción que concede o FIOT de Carballo entre persoas destacadas na promoción e desenvolvemento do teatro en Galicia.
    Eva Mejuto traénos hoxe libros que falan da felicidade e da súa falta. 'Milú e o edificio das persoas extraordinarias', de Abel Tomé, premio Merlín deste ano., e mais 'O lobo feliz', un álbum ilustrado de Miguel Guido e Olaya Naveira.
    31 min
  • Diario cultural 18-10-2024
    “Pode ir quen así o desexe”
    A Escola de Teatro de Narón é un centro público de formación integral que leva 42 anos funcionando.
    Ata alí foi Vituco Neira para falar coa súa directora e con antigos alumnos que agora imparten docencia.
    Afonso Becerra comenta “Ollos cara adentro”, unha proposta escénica das bailarinas Xián Martínez e Elena Castellanos que traslada a concepción surrealista do soño a un espazo físico
    31 min
  • De Thomas Dylan a TAB
    Tito Lesende tráenos hoxe un repertorio relacionado con Vigo. Artistas da contorna como Thomas Dylan e Cintaadhesiva e grupos que actúan na cidade nos próximos días,
    Cosmic Wacho e Triángulo de Amor Bizarro.
    31 min
  • Os contos do Lobicán
    Redrum Teatro presenta a súa nova montaxe para público familiar. 'Os contos do Lobicán' é un musical con monicreques a partir dun texto de Eva Mejuto.
    Álex Sampayo dirixe o espectáculo, que interpretan Guillermo Carbajo e Victoria Pérez. As primeiras funcións, o 19 de outubro en Teo e o 20 de outubro, en Vigo.
    31 min
  • Roses from my garden
    “Estamos ante un proceso creativo nunca visto” Diego Rodríguez, responsable de cultura da Fundación Barrié, que mañá inaugura a exposición Nick Knight: Roses from my Garden en primicia para España.
    A mostra, formada por medio cento de imaxes -algunhas inéditas- trae á Coruña a faceta máis íntima e descoñecida do fotógrafo británico, un dos máis influentes do mundo da moda.
    31 min
  • Diario cultural 17-10-2024
    “Estamos ante un proceso creativo nunca visto” David Rodríguez, responsable de cultura da Fundación Barrié, que mañá inaugura a exposición Nick Knight: Roses from my Garden en primicia para España.
    A mostra, formada por medio cento de imaxes -algunhas inéditas- trae á Coruña a faceta máis íntima e descoñecida do fotógrafo británico, un dos máis influentes do mundo da moda.
    Moncho Lemos comenta “ La habitación de al lado”, a última e premiada película de Pedro Almodóvar.
    31 min
  • Diario cultural 17-10-2024
    Redrum Teatro estrean un novo espectáculo familiar. 'Os contos do Lobicán' é un musical con monicreques para público a partir dos 3 anos, baseado nun texto de Eva Mejuto. A montaxe está protagonizada por Victoria Pérez e Guillermo Carbajo e dirixida por Álex Sampayo.
    O repertorio musical de Tito Lesende mira a Vigo, con artistas da súa contorna como Cinta Adhesiva e Thomas Dylan e concertos para os próximos días de Cosmic Wacho e Triángulo de Amor Bizarro.
    31 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00