Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 03-10-2024
    Berrobambán estrea “Mulleres que viven soas”: as bruxas de Shakespeare, a sospeita social fronte a vidas que se afastan do habitual e o presente de moitas mulleres as súas escollas e as súas historias. E ademais a reestrea de “Terceiro Acto”
    17 min
  • Diario cultural 03-10-2024
    Conversamos con dous dos cineastas que participan na 21ª edición do Festival Curtocircuito: Alberto Gracia, protagonista da sección 'Terra' e Laura Moreno, que compite na sección oficial 'Cosmos' coa peza 'Ulía'.
    Tito Lesende anticípanos traballos de artistas galegos que se publican este venres. Soan cancións de León Benavente, Pablo Lesuit e RSK Emocional. Despedímonos escoitando a Rivadulla en colaboración con Berto.
    31 min
  • A BD no mercado da arte
    Os orixinais da banda deseñada teñen xa unha consideración similar ás pezas de arte. Manel Cráneo fálanos da subhasta de 50 orixinais de Lucky Luke en París 
    e dos prezos que poden alcanzar páxinas doutros clásicos.
    11 min
  • Premio Nacional para a restauradora do Pórtico da Gloria
    Conversamos coa conservadora e restauradora Ana Laborde no día no que o Ministerio de Cultura lle concede o Premio Nacional de Restauración e Conservación de Bens Culturais. 
    O gran fito da carreira de Laborde é a conservación e restauración do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago, que supuxo un punto de inflexión na conservación da pedra policromada.
    10 min
  • Diario cultural 02-10-2024
    SVT Espacio de Arte ten aberta unha mostra con obras de Xosé Lodeiro (1931-1996) realizadas en plena madurez do chamado “pintor de Vigo”.  A exposición está comisariada por Ángel Cerviño que salienta del que era inclasificable e libertario e reclama que se afonde no coñecemento e divulgación da súa produción.
    E con Raquel C. Pico averiguamos por que a xente posaba tan seria nas fotos antigas.
    31 min
  • Diario cultural 02-10-2024
    Conversamos con Ana Laborde na tarde na que se lle concede o Premio Nacional de Restauración e Conservación de Bens Culturais. Laborde foi a coordinadora da restauración do Pórtico da Gloria que recuperou a policromía orixinal. Ademais, coñecemos as últimas descubertas do xacemento romano de Proendos, en Sober.
    Como cada mércores, tempo para o cómic con Manel Cráneo, que aborda a presenza de orixinais de banda deseñada no mercado de obras de arte.
    31 min
  • Material de construción
    Dolores Vilavedra comenta Material de construción, de Eider Rodríguez. A relación entre unha filla escritora e o seu pai alcólico.
    Tradución ao galego de María Ramos
    31 min
  • Curtocircuíto
    CURTOCIRCUITO arranca esta tarde en Santiago a súa XXI edición coa proxección do filme de 1916, “Vinte mil leguas de viaxe submarina”.
    O certame compostelán redobra a súa aposta polo experimental fronte ao cine convencional, máis estancado segundo director do festival, Pela del Álamo
    31 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00