Recibimos ao historiador Miguel García-Fernández, que hoxe quere levarnos aos mosteiros femininos da Galicia medieval.
Unha viaxe no tempo, un novo capítulo dunha sección estival na que Miguel humaniza a nosa mirada cara a Idade Media, nin tan escura nin tan mala para as mulleres como temos asumido.
O coordinador de Galicia Nomeada, Vicente Feijoo, achéganos aos topónimos que teñen relación coa tradición oral galega. Entre os exemplos que comenta están as lendas sobre as localidades Boído, Boimil e Boimorto, refráns do Pico Sacro e coplas de Ponte Nafonso.
A nosa contadora de lendas, Sole Felloza, levaranos hoxe ata o Concello de Lousame, onde está a Cama do Home Santo que, segundo din, serve para curar todo tipo de males ós que se deitan nela.
Luís Miguel Crespo achéganos á actualidade da música clásica. Nesta ocasión, enfatiza na excelencia da 11 edición do Festival Bal y Gay que terá lugar na Mariña.
Afonso Becerra vai achegarnos o mundo dos directores artísticos, ben de festivais, ben de teatros. Programadores como Roberto Pascual, que acaba de despedirse, tras 15 anos, da MIT, a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.
13 min
About Todos os podcast | En xogo motor
From the publisher's feed
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00