Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 30-07-2024
    Falamos con Henrique Alvarellos da venda de libros, a raíz dun informe publicado pola Federación de Gremios de Editores de España.
    Co historiador Miguel García-Fernández rescatamos do esquecemento a dúas raíñas que están no Panteón Rexio da Catedral de Santiago: Xoana de Castro e dona Berenguela de Barcelona.
    31 min
  • A romaría dos cadaleitos
    A nosa contadora de mitos e lendas, Sole Felloza, vén falar hoxe da Romaría de Santa Marta de Ribarteme, a romaría dos cadaleitos, que se celebra hoxe.
    14 min
  • Hércules Brass
    Luís Miguel Crespo, na súa sección de música clásica, subiunos de novo á caravana festivaleira que aparcamos hai uns días, e levounos ata a terra de Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro ou Méndez Ferrín é dicir, “Onde o mundo se chama Celanova”, como dicía Curros. A vila ourensá, ademais de poesía, respira moita música, e como tal volve un ano máis o festival Hércules Brass, que este ano cumpre a súa 10 edición, nada menos. Entón ata alí marcharemos, coñecendo algo máis do programa, centrándonos sobre todo no interesante concerto da RFG que se celebra mañá xunto ao afamado trompetista sueco Hakan Hardenberger, pero coa idea de dar motivos suficientes para que o público acuda a Celanova, porque ademais de música de vento metal da mellor, atoparán moitos máis motivos para pasar agradables días.
    14 min
  • “A cultura debe traballar co público e co territorio”
    Ribadavia convértese ata o 27 de xullo na capital mundial do teatro, recollendo a diversidade da escena máis contemporánea. A 40ª edición da Mostra Internacional de Teatro reúne eses días ás mellores compañías teatrais: de Galicia, Cataluña, Comunidade Valencia, Madrid, Euskadi, Murcia, Castela y León, pero tamén de Brasil, Arxentina ou Chile.
    Conversamos co seu director, Roberto Pascual, do programa, da evolución dun festival e da cultura como motor de igualdade e cohesión.
    16 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00