Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 26-07-2024
    A actividade festivaleira destes días é tan inabarcable como vizosa e cargada de diversidade e ecleticismos. Imos repasar a programación de festivais como o Arbo Rock, o Armadiña Rock e o Kanekas Fest.
    Virá polo estudio Raquel do Pico a recomendarnos lecturas que teñen moito ver con este tempo olímpico.
    31 min
  • Diario cultural 25-07-2024
    Hoxe achegouse Xurxo Souto ao estudio para presentarnos 'Os Saxofóns de Occidente', o primeiro disco da Orquestra Bravú Xangai. Dezaoito cancións que navegan por infinidade de de mares pero co estímulo emocional do rock bravú como punto de encontro.
    Tamén escoitamos as músicas que nos trae baixo o brazo Tito Lesende.
    31 min
  • Colaboracións de punta a punta
    Recibimos ao noso experto en música galega, Carlos Crespo, que hoxe vai rememorar míticas colaboracións de músicos galegos con outros cantantes de diferentes puntos da Península: dende Juan Pardo con Serrat; a Sés con Santiago Auserón ou, máis recentemente, Caamaño e Ameixeiras con Silvia Pérez Cruz.
    13 min
  • Diario cultural 24-07-2024
    'Nada se sabe', a primeira obra de teatro inclusiva, impulsada polo Centro Dramático Galego xunto coa cooperativa Culturactiva, estrease pasado mañá dentro da programación da MIT, Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Nela Catro intérpretes con discapacidade cuestionan sobre o escenario a inclusión e a xestión da diferencia que facemos como sociedade.
    Nesta tarde coñeceuse a noticia do falecemento do gran Sito Sedes, a quen recordamos xunto a Xurxo Souto.
    31 min
  • Diario cultural 24-07-2024
    A xente do mar rende homenaxe a Rosalía de Castro na Inchadiña Branca Vela, unha iniciativa que lembra uns versos da súa obra “Cantares galegos”. Conversamos co presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, sobre esta navegación de dornas, gamelas ou galeóns polos ríos Ulla e Sar dende o porto de Rianxo. Unha festa, que cumpre 11 anos, para disfrutar e compartir
    O noso experto en música galega Carlos Crespo fálanos das colaboracións entre músicos galegos e destes con cantantes e compositores de fóra de Galicia. Unións cómplices e exitosas que se deron no pasado e tamén agora.
    31 min
  • Peregrinas na Idade Media
    Recibimos ao medievalista Miguel García-Fernández, investigador do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.
    Hoxe centrará o seu relato nas mulleres que peregrinaron a Compostela durante a Idade Media.
    14 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00