Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 23-07-2024
    Roberto Sobrado vén de publicar 'Monstro delicado', un novo traballo co que o cantautor do Carballiño navega entre influencias como o blues, o rock, o pop ou a electrónica. Todo isto, mesturado coas voces de poetas amigos.
    Vicente Feijoo tráenos un feixe de curiosidades de topónimos, desta volta, cóntanos que é a litonimia.
    31 min
  • Diario cultural 23-07-2024
    En véspera dos Xogos Olímpicos, o escritor Manuel de Castro publica “A historia non contada de Jesse Owens e Luz Long”. O libro narra o papel de Owen, un atleta estadounidense negro, que foi quen de obter 4 medallas de ouro grazas a axuda de Long, un deportista de raza aria que era o orgullo do rexime de Hitler.
    Conversamos con Manuel de Castro sobre os dous atletas protagonistas, da súa historia de amizade e compromiso e das consecuencias daquel encontro.
    O medievalista Miguel García-Fernández das mulleres que percorreron os camiños a Compostela durante a Idade Media. Por devoción, na procura de milagres ou mesmo por obriga, algunhas viaxaron de países moi afastados.
    31 min
  • Diario cultural 22-07-2024
    A Arca da Noe fai este ano unha década de actividade cultural cun histórico de máis de mil concertos programados no rural ourensán. Dende Vilar de Santos, na comarca da Limia, a Arca converteuse nun dos puntos imprescindibles das xiras dos nosos artistas. Da súa historia, das celebracións deste décimo aniversario e do futuro da Arca da Noe falamos con Noemí Vázquez, a súa impulsora.
    Tamén pasará polo estudio Luís Miguel Crespo para falarnos dese concerto tan especial da Real Filharmonía de Galicia nas festas do Apóstolo.
    31 min
  • Diario cultural 22-07-2024
    A nosa plataforma AGALEGA.GAL emite a webserie "San Simón, a colonia penitenciaria", que afonda no tráxico pasado desta illa como un dos maiores campos de concentración e exterminio de presos republicanos tras o golpe de Estado protagonizado por Franco.
    6.000 presos pasaron por esta colonia; moitos deles desapareceron.
    Conversamos co director Miguel Ángel Delgado, e con Andrea Vázquez, da produtora Miramemira, sobre esta webserie e sobre o filme que están a piques de rematar sobre a historia máis dura de San Simón.
    A nosa experta en lendas e tradicións, Sole Felloza, fálanos das pegadas do cabalo de Santiago e do mal das pías.
    31 min
  • En xogo motor 20-07-2024
    Este sábado na sección adicada ao motor conversaron co piloto porriñés de 12 anos Íker Rodríguez, na previa da cita da categoría Pre Moto3 en Montmeló. Asimesmo repasaron anécdotas dos rallys arredor da carreira de Beny Fernández e a actualidade do Mundial de Motocross con Agustín Conde
    31 min
  • "Dende a primeira secuencia namoreime del"
    O mundo da cultura e milleiros de espectadores despídense de Xavier Deive,
    un actor curtido no teatro, no cine e nas series de televisión. Foi interprete nas series máis destacadas da TVG: Mareas Vivas, Pratos Combinados, Serramoura, Matalobos…
    O seu amigo e compañeiro Luís Iglesia considerao “un actor marabilloso, currante e obsesivo”. Con él conversamos da personalidade, do traballo e da traxectoria de Deive, falecido ós 54 anos.
    10 min
  • Arranca o MIT Ribadavia
    Afonso Becerra vai achegarnos as novidades nas artes escénicas, hoxe co foco posto na Mostra Internacional de Teatro que comeza en Ribadavia.
    9 min
  • Diario cultural 19-07-2024
    A Mostra Internacional de Teatro converte a Ribadavia na capital das artes escénicas ata o día 27 de xullo. A 40ª edición da Mostra reúne ás mellores compañías teatrais nacionais e internacionais e, ademais, está marcada polo recoñecemento á danza e ás artes en movemento. Conversamos co seu director, Roberto Pascual, da programación desta edición e da evolución desta cita cultural, nas súas palabras: “motor de cohesión e igualdade”.
    Na sección de recomendacións literarias trasladámonos á cociña. Raquel C. Pico fálanos de libros de receitas, de historia culinaria sobre a despensa galega e de viaxes gastronómicas.
    31 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00