Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 15-07-2024
    Un evento pioneiro en Galicia reunirá a ducias de frautistas galegos con outros de diferentes puntos de Europa. O compostelán André Cebrián, a coruñesa Paula Padín e a asturiana Marta Gómez será o profesorado dos cursos de interpretación, pedagoxía e as clases para minifrautistas, que terán lugar na Escola de Música Berenguela ata o vindeiro mércores.
    Ademais, baixo a dirección de Luis Miguel Crespo repasaremos o novo disco que vén de publicar a Orquestra Sinfónica de Galicia.
    31 min
  • Diario cultural 15-07-2024
    “Papagallo” plasma en versos e fotografías a metamorfose do barrio coruñés.
    Coincidindo co 67 aniversario do nacemento de Luísa Villalta, a editorial Kalandraka reedita un libro que naceu da comunión da súa poesía coas fotografías de Maribel Longueira, coa que falamos.
    Descubrimos a historia, os tesouros e as lendas de Torre da Barreira
    Sole Feilloza lévanos ata este lugar de Riobó, no concello da Estrada, que se remonta ó século XII. Un territorio doado pola raíña Urraca que continúa cheo de pedras, bosques e maxia.
    31 min
  • En xogo motor 13-07-2024
    O espazo dedicado ao motor desprazouse á bisbarra do Sur do Condado para contar o acontecido na sétima cita do CGR, unha proba marcada polas moitas penalizacións a case tódolos pilotos por exceso de velocidade nos parques de asistencia. Andrés Vieites recolleu as declaracións dos pilotos que coparon o podio e do presidente da Escudería Surco Bruno Rivera.
    31 min
  • Tres lecturas de e para o verán
    Raquel C. Pico estrea colaboración con estas tres propostas literarias:
    *A campá de vidro, de Sylvia Plath. Tradución de Celia Recarey.
    *Nos días encantados de agosto, de Manolo González
    *O marabilloso mundo das profesións. Tradución: María Reimóndez.
    31 min
  • Festival de Ortigueira
    O Festival de Ortigueira ofrece deica o domingo actuacións do talle de Backwest, Fillas de Cassandra, Green Lads, Kanaris Quintet, a propia Escola de gaitas de Ortigueira, Caledonia Pipe Band, Nogood Boyo, Dervish ou Capercaillie.
    Falamos con Xan Pampín,do grupo Ailá, e co gaiteiro asturiano José Manuel Tejedor.
    31 min
  • Festival Almada
    Afonso Becerra está en Portugal seguindo o Festival Almada, que o domingo acollerá a produción do Centro Dramático Galego, “Manuela Rey is in da house”
    31 min
  • Identidade, memoria histórica e movementos sociais
    “Identidade, memoria histórica e movementos sociais”
    Luis Seoane volve exhibirse na Fundación homónima logo de tres anos de obras no edificio coruñés.
    Son 50 obras entre óleos, gravados, debuxos e produción editorial. Falamos con Silvia Longueira,
    comisaria da exposición que estará aberta ao público durante un ano.
    31 min
  • Diario cultural 12-07-2024
    “Identidade, memoria histórica e movementos sociais”
    Luis Seoane volve exhibirse na Fundación homónima logo de tres anos de obras no edificio coruñés.
    Son 50 obras entre óleos, gravados, debuxos e produción editorial. Falamos con Silvia Longueira,
    comisaria da exposición que estará aberta ao público durante un ano.
    Afonso Becerra está en Portugal seguindo o Festival ALMADA, que o domingo acollerá a produción do Centro Dramático Galego, “Manuela Rey is in da house”
    31 min
  • Diario cultural 12-07-2024
    O Festival de Ortigueira ofrece deica o domingo actuacións do talle de Backwest, Fillas de Cassandra, Green Lads, Kanaris Quintet, a propia Escola de gaitas de Ortigueira, Caledonia Pipe Band, Nogood Boyo, Dervish ou Capercaillie.
    Falamos con Xan Pampín,do grupo Ailá, e co gaiteiro asturiano José Manuel Tejedor.
    Raquel C. Pico estrea colaboración con estas tres propostas literarias;
    A campá de vidro, de Sylvia Plath. Tradución de Celia Recarey.
    Nos días encantados de agosto, de Manolo González
    O marabilloso mundo das profesións.Tradución: María Reimóndez.
    31 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00