Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • "A era das fábulas"
    Este mércores inaugúrase a exposición "A era das fábulas" no Museo de Pontevedra, unha mostra que poderemos visitar ate o 29 de setembro no Edificio Castelao.
    Inclúe obras de Maruja Mallo, Kandinski, Picasso, Miró…
    Falamos con Ángeles Tilve, comisaria e directora do museo.
    31 min
  • Xoana Vázquez das Seixas
    Miguel García-Fernández achéganos a figura de Xoana Vázquez das Seixas, unha muller empoderada na Galicia medieval de finais do século XIV
    31 min
  • Patrimonio Invisible en Pontevedra
    “Esgotadas as prazas para tomar parte na Semana do Patrimonio Invisible en Pontevedra en apenas 4 minutos”. Manuel Rial, o seu coordinador, debulla connosco os seis lugares que poderán coñecer quen se apuntaron a estas visitas guiadas. Son o Pazo de Gandarón, San Bartolomeu, os xardíns de Lourizán, San Salvador de Lérez, o Parador e mailo Teatro Principal.
    31 min
  • Diario cultural 09-07-2024
    "A era das fábulas" no Museo de Pontevedra. Falamos con Ángeles Tilve, comisaria e directora do museo.
    Toponimia con Vicente Feijoo. Para que serve o nomenclátor de Galicia?
    31 min
  • Diario cultural 09-07-2024
    “Esgotadas as prazas para tomar parte na Semana do Patrimonio Invisible en Pontevedra en apenas 4 minutos”. Manuel Rial, o seu coordinador, debulla connosco os seis lugares pechados ao público que visitarán nesta cuarta edición.
    Miguel García-Fernández achéganos a figura de Xoana Vázquez das Seixas, unha muller empoderada na Galicia medieval de finais do século XIV
    31 min
  • O Galicia Clarinet Fest
    Luís Miguel Crespo debulla o Galicia Clarinet Fest, que vai ter lugar en Lalín do 12 ao 19 deste mes. A capital do Deza será o epicentro mundial do virtuosismo do clarinete, ofrecendo un espazo académico, formativo e de ocio.
    31 min
  • Galego sen fronteiras
    XXXIV edición dos cursos de verán de lingua e cultura galegas destinados a persoas de fóra de Galicia, que se desenvolven en Santiago dende o pasado día 3 e ata o 24
    Organizan a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Real Academia Galega, o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago e a Deputación da Coruña.
    Falamos con María López Sández e dous dos seus alumnos, un da India e outra do Brasil.
    31 min
  • Ruta emocional por Serra de Outes
    Con Soledad Felloza percorremos a ruta dos carpinteiros cos pés mollados, en Serra de Outes.
    Esta ruta litoral de pouco máis de tres quilómetros permite coñecer a carpintaría de ribeira, que a comezos do século XX foi fundamental no desenvolvemento da zona. Vai de Freixo, pasando pola praia de Siavo, ata o areal de Broña . Poden mirarse ramplas de pescadores, obradoiros artesanais e ata un museo.
    31 min
  • Atlantic Pride
    Xa está en marcha o Atlantic Pride na capital herculina. Falamos con César Pérez, codirector desta cita do Orgullo Norte que se alonga toda a semana.
    Nesta quinta edición cun marcado carácter eurovisivo...
    31 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00