Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Novas fórmulas para sacar os libros á rúa
    Nesta fin de semana, tres eventos levan os libros á rúa con diferentes enfoques e formatos. A feira do libro de Vigo e dous festivais literarios: a festa do libro de Pontevedra e o FLAZ, o Festival Literario de Allariz.
    31 min
  • Diario cultural 04-07-2024
    Unha visita á Feira do libro de Vigo, á Festa dos Libros de Pontevedra e ao FLAZ, o Festival Literario de Allariz. 
    Tito Lesende tráenos novas cancións de De Ninghures e Baiuca e un adianto do festival Portamérica.
    31 min
  • A cara oculta da Lúa
    Estíbaliz Espinosa fala da cara oculta da Lúa e doutros obxectos cósmicos e conflitos ocultos.
    Con versos do libro 'Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina'
    31 min
  • Verán cultural para a rapazada
    Exploramos algunhas das opcións culturais ao dispor da rapazada e mocidade durante o verán. Campamentos musicais como o San Simón Fiddle, obradoiros artísticos e laboratoratorio de arquitectura no MARCO 
    e oportunidades para descubrir disciplinas como o circo co colectivo Circonove.
    31 min
  • Adeus a Justo Beramendi
    Esta noite faleceu aos 82 anos o historiador, ensaísta, profesor e articulista Justo Beramendi.
    Ana Romaní traza o seu perfil e falamos del con Ramón Villares, Luís Álvarez Pousa e Concha Losada.
    Co seu libro "De provincia a nación. Historia do galeguismo político" gañou o Premio Nacional de Ensaio en 2008. A obra xa recibira o Premio da Crítica de Galicia.
    31 min
  • Diario cultural 03-07-2024
    Exploramos opcións culturais para a rapazada durante o verán: campamentos musicais, obradoiros artísticos, circo...
    Estíbaliz Espinosa fálanos da misión chinesa á cara oculta da Lúa. Tamén nos recita versos do libro 'Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina'
    31 min
  • Diario cultural 03-07-2024
    Esta noite faleceu aos 82 anos o historiador, ensaísta, profesor e articulista Justo Beramendi.
    Ana Romaní traza o seu perfil e falamos del con Ramón Villares, Luís Álvarez Pousa e Concha Losada.
    E co noso experto musical, Carlos Crespo, escoitamos a grupos e proxectos que este ano anunciaron desspedida, coma Leilía
    31 min
  • Que información agachan os topónimos?
    O filólogo Vicente Feijoo falános hoxe da información histórica, lingüística e cultural que levan consigo os topónimos e da campaña 'Toponimízate', que
    busca concienciar a poboación da importancia desta riqueza patrimonial
    9 min
  • As baleas cantan no Festival Atlántica
    O Festival Internacional de Narración Oral Atlántica espalla a súa duodécima edición por 30 cidades, vilas e aldeas de Galicia e Portugal.
    Por primeira vez, a programación para público adulto supera en número á infantil e familiar. Con nomes como Paula Carballeira ou Cándido Pazó.
    Escoitamos a directora do encontro, Soledad Felloza, e a dous dos máis de cincuenta narradores participantes, Anxo Moure e Carme Varela.
    20 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00