Espazo Lectura é un asociación do Val Miñor que leva 18 anos promovendo e dinamizando a lectura en lingua galega en todas as idades.
Promoven clubs de lectura para bebés, rapazada, adolescentes e público adulto e iniciativas tan imaxinativas como 'Noite na Biblioteca' ou 'Fogueira de versos'.
Conversamos con Yaiza Peixoto e Concha Costas, presidenta actual e primeira directora respectivamente desta asociación, e con usuarios e usuarias
deste proxecto comunitario que mereceu o recoñecemento da Federación de Gremios de Editores de España co premio Liber ao fomento da lectura en bibliotecas abertas ao público.