Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 27-06-2024
    A compañía Teatro Ó Cubo preséntanos 'De Vilatriste a Vilalegre', unha coprodución co CDG que percorreo o país nun escenario móbil. O domingo 30 de xuño chega á Mostra de Cangas.
    Tito Lesende tráenos música do trío folk Maricarme, da cantautora Antía Muíño, do primeiro EP de TAÏN e de Alice Cooper, un clásico para a primeira xornada do Resurrection Fest
    31 min
  • No verán, Café con Ardora
    Durante este verán compartiremos 'Cafés con Ardora' con Estíbaliz Espinosa. Conversas sobre cultura e ciencia nas que comparten protagonismo, ao mesmo nivel,
    a literatura e a astronomía, a física e a música, a arte e a neurociencia. Neste primeiro café estival falamos do fenómeno da ardora e de bioluminescencias, con 
    música de Kozmic Muffin e textos de Kobayashi Issa e Clarice Lispector.
    31 min
  • María Ruido, premiada na Mostra de Cangas
    Conversamos coa artista visual e investigadora María Ruido, á que a Mostra de Cangas recoñece co premio 'Mulleres en Acción' pola súa "contra-narrativa feminista e de clase". 
    A Mostra proxecta este mércores o seu último filme, 'Las reglas del juego' e expón as súas primeiras creacións na mostra '4 Performances'.
    31 min
  • Arranca o Resurrection Fest
    Comeza en Viveiro o RESU 2024, que vai pola súa edición número 19.
    A estrela desta xornada de apertura é Alice Cooper pioneiro do heavy-glam e historia viva do rock aos seus 76 anos.
    Falamos con Esteban Girón, director de comunicación do Resurrection Fest, consolidado coma referente mundial da música metal, punk, rock e hardcore
    31 min
  • Diario cultural 26-06-2024
    A artista visual María Ruido, recoñecida co premio 'Mulleres en acción' da Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas
    A poeta Estíbaliz Espinosa continúa falándonos de cultura científica. O primeiro #CaféconArdora versa sobre luminescencias
    31 min
  • Diario cultural 26-06-2024
    Falamos con Esteban Girón, director de comunicación do Resurrection Fest, consolidado coma referente internacional e que abre hoxe as súas portas en Viveiro.
    Ana Romaní tráenos a axenda do día e o noso novo colaborador, Carlos Crespo, dará conta de novos proxectos musicais conformados por artistas galegos que xa teñen os seus propios grupos.
    31 min
  • A riqueza da nosa toponimia
    Vicente Feijoo, filólogo especialista en Toponimia, fálanos este verán da enorme riqueza que constitúen os nomes galegos de lugar. 
    Un patrimonio excepcional no ámbito europeo pola súa densidade, variedade e antigüidade, que intentan preservar en Galicia Nomeada, unha plataforma colaborativa á que xa contribuíron unhas 6.000 persoas.
    31 min
  • 'Alén', memoria do rural que esmorece
    Conversamos co fotógrafo Vicente Fraga, gañador da XVIII edición Premio Luís Ksado coa serie 'Alén'. Estas doce imaxes forman parte dun proxecto máis amplo, 'Adeus', co que documenta desde 2021 o esmorecemento da cultura rural tradicional.
    31 min
  • Dona Teresa de Zúñiga
    Principia a serie de mulleres na Historia que, cada martes e durante a tempada de verán, nos vai achegar o historiador Miguel García Fernández
    31 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00