Aproveitando o verán haberá unha nova campaña no xacemento arqueolóxico AQUIS QUERQUENNIS, na localidade ourensá de Baños de Bande.
Queren completar a escavación deste campamento militar romano, de 25.000 metros cadrados, que chegou a acoller 600 soldados.
Desta volta hanse centrar no pretorium, a residencia do mando superior da unidade.
Ana Romaní debulla a axenda do día e o noso novo colaborador, o historiador Miguel García Fernández, inicia a serie mulleres da Historia.