Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Máis alálá, unha exploración poética, sonora e visual
    O escritor e performer Xelís de Toro e o músico Alejandro Vargas publican 19 postais sonoras con imaxes de Manuel Vilariño. Máis alálá é un obxecto artístico literario a partir dos poemas de De catro a catro. Música improvisada e poesía sonora nun traballo do que falamos con Xelís de Toro: “Ao aspecto sonoro das palabras non se lle dá a importancia que ten”.
    16 min
  • Lecturas adolescentes
    Eva Mejuto despídese antes das vacacións con dous libros sobre sexo destinados a adolescentes. Puberdade en marcha, traducido ao galego por Iago Nicolás e publicado por Kalandraka, 
    pensado para rapazada entre os 11 e 13 anos e Sexualidades, da sexóloga e influencer Isa Duque. Despedímonos con música de jazz e a novela Trompeta, de Jackie Kay, en versión galega
    de María Reimóndez e publicada por Hugin e Munin.
    31 min
  • Carabela navegan 'A noite'
    Carabela preséntannos o seu segundo EP, 'A noite', no que crean atmosferas oníricas que combinan a calidez da voz humana e os sons sintéticos.
    Conversamos con Ana Moas e Pablo Pazos, dous dos membros deste cuarteto de Noia.
    31 min
  • Cía IO
    Álvaro Reboredo "Fiti" é un artista de circo que acaba de graduarse na Escola Superior de Arte Dramática. Á fronte da súa propia compañía, IO, convertirá en espectáculo o seu TFG.
    31 min
  • Paseo sonoro
    Un paseo sonoro pola Rúa Nova de Santiago grazas a códigos QR nos escaparates. Unha proposta diferente encadrada no proxecto O que non se escribe, que mañá ofrece no Teatro Principal un concerto de Sús e Mel. Falamos coa súa responsable, Aitana Cuétara
    31 min
  • Diario cultural 21-06-2024
    Xelís de Toro e Alejandro Vargas presentan Máis alálá, un obxecto artístico-literario arredor de De catro a catro de Manuel Antonio.
    E ademais os concertos do Día da Música
    Axóuxere editora publica Máis alálá. Reúne 19 postais creadas dende a poesía sonora a música improvisada e con imaxes de Manuel Vilariño.
    E no Día da música crónica de concertos.
    16 min
  • Diario cultural 21-06-2024
    Escoitamos 'A noite', o segundo EP do grupo noiés Carabela, creadores de atmosferas nas que a calidez da voz humana se une ós sons sintéticos
    Eva Mejuto despídese antes do verán recomendándonos dous libros sobre sexo destinados a adolescentes e mais a novela Trompeta, de Jackie Kay.
    31 min
  • Diario cultural 21-06-2024
    "O que non se escribe" é o paraugas que acubilla diferentes propostas artísticas relacionadas coa música, coma unPaseo Sonoro na zona vella de Santiago ou o concerto, mañá no Principal, de Sús e Mel.
    Afonso Becerra fálanos de Álvaro Reboredo e a súa compañía de circo novo IO
    31 min
  • Arranca a sétima edición do Clasclás
    Tiro de saída para a sétima edición do Clasclás, o festival internacional de música clásica que ten lugar en Vilagarcía.
    Falamos coa directora do Conservatorio profesional e tamén do certame, Rosina Sabrido
    16 min
  • Voces do Gozo Festival
    Escoitamos con Tito Lesende os artistas que participarán no Gozo Festival, o 6 de xullo en Santiago.
    De Ed Sheeran a Fillas de Cassandra, pasando por Bomba Estéreo, Mon Laferte, Angelina Mango e Milky Chance.
    31 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00