Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • En xogo motor 30-06-2024
    No Galicia en Xogo desta fin de semana falaron varios protagonistas da sexta cita do CGR, desputada no Carballiño.
    Ademais, repasouse o máis salientable da presentación do Rally Rías Baixas, proba valedeira para o Supercampionato de España de Rallys.
    30 min
  • Danza para o Orgullo
    Dende Lyon, o noso experto en Artes Escénicas recoméndanos "Blondi", un espectáculo do bailarín e coreógrafo David Loira, co que reivindicar o Orgullo
    31 min
  • Deseño galego premiado
    A deseñadora Uqui Permui, alzouse co reputado Premio Europeo de Deseño, polas coloristas bolsas de sementes que creou para a empresa “Sementares”. Bolsas actractivas na aparencia externa e feitas con criterio sostible, xa que se fabrican a partir de fibras de tomate.
    A maiores, outros 3 estudios galegos recibiron galardóns por deseños de lámpadas de teito feitas con granito, libros bordados ou a web para unha coreógrafa na que aprezamos un singular ‘baile de letras’.
    31 min
  • Diario Cultural desde o Resurrection Fest 28-06-2024
    En directo desde o Resurrection Fest.
    Conversamos co director do Resurrection, Iván Méndez, da promotora Bring The Noise. Reunimos catro bandas galegas que actúan no festival: Sandford Music Factory, Perpetual, Balmog e Her Anxiety.  Escoitamos as impresións dos organizadores doutros festivais galegos de metal e coñecemos máis integrantes da parroquia roqueira que Viveiro reúne cada ano.
    2 hr 57 min
  • Diario cultural 28-06-2024
    Achegámonos ao deseño galego, premiado en varios certames ao longo deste mes de xuño, na reportaxe de Ana Romaní.
    E celebramos o Orgullo con Afonso Becerra e "Blondi"
    31 min
  • De Maricarme a Alice Cooper
    Tito Lesende comeza o repertorio deste xoves con Maricarme, o trío folk formado por Cibrán Seixo, Migui Carballido e Antía Amexeiras, que ademais participa con Sabela Caamaño na canción 'As vidas caladas' de Antía Muíño.
    31 min
  • Teatro sobre rodas
    'De Vilatriste a Vilalegre' é o título da nova obra da compañía Teatro Ó Cubo, da que falamos con Sofía Espiñeira e Roberto Casal. Unha coprodución co Centro Dramático Galego que percorre o país nun escenario móbil, o camión “A utópica rodante”. O domingo 30 de xuño estará na Mostra de Teatro Cómico festivo de Cangas.
    31 min
  • Principia en Cangas a Mostra de Teatro
    Inclusión e convivencia son os eixos da 41 edición da Mostra de Teatro de Cangas, que se celebra dende hoxe ata o 7 de xullo.
    O programa inclúe a última produción de Chévere: Helen Keller, a muller marabilla e 7 estreas absolutas.
    Falamos coa pregoeira, a actriz Patricia Vázquez, e coa directora artística, María Armesto.
    31 min
  • Diario cultural 27-06-2024
    Falamos coa pregoeira da 41 edición da Mostra de Teatro de Cangas, Patricia Vázquez, e coa súa directora artística, María Armesto.
    A axenda do día, con Ana Romaní.
    Moncho Lemos tráenos dúas novidades na carteleira:
    Casa en llamas, de Dani de la Orden, e
    *Kind of kindness, de Yorgos Lanthimos
    31 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00