Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • De centeo e durmideiras
    De centeo e durmideiras. Todo corpo é unha illa
    Rosalía Fernández Rial presenta o seu novo libro na Coruña
    “As poetas temos a obriga moral de deixar fluír a verdade”. A procura doutra linguaxe en De centeo e durmideiras que a escritora presenta acompañado dun EP. Falamos con Rosalía Fernández Rial deste libro e doutros diálogos interartísticos.
    31 min
  • Carricantas e satélites
    No Café Cósmico con Estíbaliz Espinosa falamos hoxe de carricantas e de enxames de satélites espaciais, con versos de Samuel L. París
    31 min
  • 'Future Stories', a mirada de 3 novos fotógrafos
    O peirao de Batería da Coruña volve acoller unha exposición de fotografía contemporánea. Neste caso, 'Future Stories', unha mostra que recolle series de tres fotógrafos novos, Umesh Graña, Sofía Taboada e Alba Jiménez.
    Os tres creadores tituláronse en Fotografía na Escola Mestre Mateo de Santiago e foron seleccionados pola Fundación MOP para un programa formativo sobre fotografía de moda en Milán. A mostra 'Future Stories' pode visitarse ata o 31 de xullo e compleméntase con encontros coa escritora Milena Busquets, o fotógrafo Nick Knight e o arquitecto David Chipperfield.
    31 min
  • Basal. Trenzando palabras. Pensar, sentir e actuar
    Preséntase como unha obra que conecta música, psicoloxía, territorio e corpo-casa. Basal  reúne nove cancións nun percorrido musical que explora diversos xéneros” Quería facer o disco máis libre desde que comecei con 25 anos”. Soará en concerto o día 23 no Teatro Colón: “penso a música como arte escénica”. Falamos con Ugía Pedreira do seu novo disco
    31 min
  • Música tradicional para despedir a tempada
    Remata por esta temporada a colaboración do noso experto en música tradicional.
    Escoitamos a Ansuíña e Maré. E como adianto dos convidados de Lume na palleira do domingo vindeiro, Brincadeira e Os do fondo da barra.
    31 min
  • Diario cultural 17-06-2024
    “Basal non é un disco máis”. O novo traballo de A Pedreira está ideado dende a casa familiar. Falamos do novo disco de Ugia Pedreira.
    Basal son 9 temas que a compositora crea inspirados no don auditivo e escoita da súa filla. Ranchera, hard-cord, blues, ritmos latinoamericanos, rock... un traballo que explora moitos xéneros: “Esta liberdade tamén se paga pero a vivo tamén dunha maneira plena”.
    Emilio Españadero despide temporada co novo de Ansuíña e Os do fondo da barra
    31 min
  • Diario cultural 17-06-2024
    Coñecemos os tres novos fotógrafos que protagonizan a mostra 'Future Stories' da Fundación MOP
    Estíbaliz Espinosa fala de carricantas e de enxames de satélites espaciais con versos de Samuel L. París
    31 min
  • Tritón
    Falamos coa autora deste libro, unha novela poética que sabe a salitre
    16 min
  • En xogo motor 15-06-2024
    O Supercampionato de España de rallys aterrou en Galicia para celebrar a súa cuarta cita do certame. O Rally de Ourense viviu unha das súas edicións máis frescas, pero non por iso menos duras e emocionantes. Na meta de Toén falaron tódolos protagonistas dunha proba que gañou Cohete Suárez por diante do alaricano Javi Pardo e o asturiano Alejandro Cachón.
    31 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00