Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 04-06-2024
    As Xornadas retoman cita anual coa música de vangarda dos séculos XX e XXI. XMC´24 inclúe ademais a danza de Lookathingsdifferent. Lembramos tamén o centenario de Kafka.
    16 min
  • María Luísa Nache, unha galega na Ópera
    Este ano celébrase o centenario do nacemento da soprano coruñesa María Luísa Nache.
    Dsta cantante lírica galega, que chegou a compartir escenario coa Callas, apenas se conservan tres gravacións en directo. A investigadora Marieta Lorenzo guíanos pola súa vida .
    31 min
  • A verbena do Rella
    O sábado día 8 celébrase en Ramirás unha nova edición de A verbena do Rella. Música e bailes tradicionais, obradoiros, concertos e ata comida típica...dende a mañá ata ben entrada a madrugada. Con Emilio Españadero
    31 min
  • Diario cultural 03-06-2024
    Achegámonos coa investigadora Marieta Lorenzo á figura da gran soprano coruñesa María Luísa Nache no centenario do seu nacemento.
    E con Emilio Españadero propoñemovos A Verbena do Rella, este sábado en Ramirás
    31 min
  • A casa do amo e as complicidades coloniais
    A literatura galega á luz das teorías decoloniais
    “Cambiar a ollada coa que lemos”. María Reimóndez achega no ensaio A casa do amo unha análise do discurso colonial na literatura galega. Falamos coa escritora.
    16 min
  • Cen anos de Frank Kafka
    Franz Kafka foi un dos escritores máis influentes do século XX, a pesar de que morreu sen facer os 41 anos. No centenario do seu pasamento, conversamos con Laureano Araújo, tradutor ao galego dunha das súas obras máis emblemáticas de Kafka, A transformación, e co escritor Xabier López, en Max & Franz.
    31 min
  • Diario cultural 03-06-2024
    A escritora María Reimóndez revisa á luz das teorías decoloniais a literatura galega no volume A casa do amo. Unha análise do discurso colonial e racista na literatura galega.
    16 min
  • Diario cultural 03-06-2024
    Conmemoramos o centenario da morte de Frank Kafka co tradutor Laureano Araújo e o escritor Xabier López.
    Que din a neurociencia e a literatura sobre o libre albedrío? É o tema do 'Café Cósmico' de Estíbaliz Espinosa.
    31 min
  • En xogo motor 01-06-2024
    Víctor Senra sumou o repóker de triunfos esta temporada no Campionato Galego de Rallys. No Salnés dominou de principio a fin, correndo de novo cun R5. Alberto Otero e Dani Berdomás acompañaron ao de Dumbría no podio. Jorge Pérez rematou cuarto e Alberto Meira, con problemas tamén, completou o Top 5. Cos principais protagonistas da proba falou Andrés Vieites no espazo de motor.
    31 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00