Reunimos os escritores Diego Ameixeiras e Bieito Iglesias, os dous ourensáns, practicantes de novela negra e con novidades chegadas ás librarías nesta primavera.
Ameixeiras publica Un anarquista, protagonizada por un emigrante galego que chega á Barcelona libertaria de 1977. Bieito Iglesias volve coa segunda novela do inspector Marañao,
Unha gripe cabaluda, ambientada en plena pandemia.