Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Legado Coidado, arte comunitaria para o Pasatempo
    Conversamos con Carme Nogueira, a artista e investigadora que realizou esta intervención no Parque do Pasatempo de Betanzos despois dun proceso participativo veciñal.
    Escoitamos tamén o mediador Fran Nogueira, do proxecto Concomitentes, que canalizou a iniciativa.
    18 min
  • A fuxida de Cristina Rey
    A nosa prescriptora de libros tráenos A Fuxida, de Cristina Rey Vázquez. É unha novela sobre a migración e unha alegación contra o racismo. De protagonismo feminino, incide na necesidade dos lazos de sororidade para enfrontar as situacións máis difíciles da vida dos personaxes, que transcorre entre Vigo e Ecuador
    10 min
  • Diario Cultural 28-05-2024
    O Parque do Pasatempo de Betanzos acolle unha intervención artística de Carme Nogueira, impulsada coa participación veciñal no marco do proxecto Concomitentes.
    Na colaboración semanal de Mónica Maneiro sobre arte contemporánea falamos da mostra de Sara Herranz en diálogo con Simone de Beauvoir na galería Dupla de Santiago.
    30 min
  • Viva! Os Xenerais da Ulla
    Viva! Os xenerais da Ulla é un libro de fotos e, asemade, testemuña etnográfica do entroido da comarca.
    Falamos con Eutropio Rodríguez e Fernando Reyes
    17 min
  • Diario Cultural 28-05-2024
    Falamos con Eupropio Rodríguez e Fernando Reyes do libro fotodocumental Viva! Os Xenerais da Ulla.
    A nosa experta en Literatura, Dolores Vilavedra, tráenos ´A fuxida`, de Cristina Rey Vázquez
    30 min
  • XI Galicia Escena Pro: o mercado do que vai vir.
    A Feira das artes escénicas reúne dende hoxe e ata o 30 de maio en Compostela a 200 profesionais da programación teatral. Preséntase 20 espectáculos nun programa aberto público, que organizan Agadic e Escena Galega. Falamos con Juan Rodríguez
    16 min
  • Tres novos arqueólogos
    Conversamos con Carlos Vázquez, Israel Gázquez e Brahim Ouhdach, tres estudantes do máster en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade que imparten as tres universidades galegas.
    Con eles e con Mario César Vila falamos da formación dos futuros arqueólogos, das súas expectativas profesionais e ata da música que escoitan.
    31 min
  • Diario cultural 27-05-2024
    O futuro da arqueoloxía e APOI
    Conversamos con Mario César Vila e con tres arqueólogos en prácticas do Máster de Arqueoloxía da USC.
    Coñecemos o Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade do Museo do Pobo Galego.
    31 min
  • Diario cultural 27-05-2024
    A Feira das artes escénicas reúne dende hoxe e ata o 30 de maio en Compostela a 200 profesionais da programación teatral.
    Escoitamos o novo disco de Pauliña
    16 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00