Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 03-05-2024
    O Festival Pórtico do Paraíso naceu hai xa 17 anos para encher un baleiro na vida musical de Ourense. Nesta nova edición contan con grandes artistas do panorama nacional e internacional da música clásica cun novo escenario: o castelo de Castro Caldelas. Juan Enrique Miguéns é o presidente da Asociación Pórtico Musical e director artístico do encontro.
    Afonso Becerra vén falarnos da décima edición do Escenas do Cambio, un festival de teatro, danza e arte en acción que se celebra durante toda a fin de semana na Cidade da Cultura.
    31 min
  • A Feroz estrea Bulevar Papagaio.
    Preséntase na Coruña Bulevar Papagaio. O novo proxecto escénico de A Feroz é unha creación da compañía a partir do libro Papagaio de Maribel Longueira e Luísa Villalta. Falamos con Lorena Conde e Bea Romero
    16 min
  • Dúas décadas de Play-Doc
    Marchamos a Tui, onde o festival Play-Doc celebra dúas décadas buscando novas estéticas e apostando pola experimentación audiovisual. A sección oficial inclué este ano 7 películas do cine máis recente, entre eles a fita póstuma de Jean Luc Godard, "Guerras de broma".
    14 min
  • Diario cultural 02-05-2024

    Moncho Lemos tráenos dúas estreas: o 'Garfield' de Mark Dindal e 'La casa', dirixida por Álex Montoya.
    29 min
  • Escenas do cambio
    O venres comeza en Santiago unha nova edición do festival Escenas do Cambio
    O festival chega ó décimo aniversario con trece espectáculos nos que a música, o teatro, a danza e as performances dilúen as súas fronteiras.
    16 min
  • 'En espiral'
    A nosa experta literaria Dolores Vilavedra tráenos unha obra de Xosé Luís Méndez Ferrín con escolma e introdución de Daniel Salgado: 'En Espiral'.
    10 min
  • Lousas para a reflexión
    A exposición "Lousas dun mesmo mundo", do artista compostelán Denís Estévez, inclúe un percorrido visual e poético por un total de 20 montaxes fotográficas en branco e negro. Creadas coa técnica da colaxe, convidan ao espectador a unha dobre lectura crítica, tanto das composicións amosadas coma do mundo no que vivimos.
    18 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00