Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 30-04-2024
    A exposición "Lousas dun mesmo mundo", do artista compostelán Denís Estévez, inclúe un percorrido visual e poético por un total de 20 montaxes fotográficas en branco e negro. Creadas coa técnica da colaxe, convidan ao espectador a unha dobre lectura crítica, tanto das composicións amosadas coma do mundo no que vivimos.
    Ademais, a nosa experta literaria Dolores Vilavedra tráenos unha obra de Xosé Luís Méndez Ferrín con escolma e introdución de Daniel Salgado: 'En Espiral'.
    31 min
  • Un pouco de Brúa
    Emilio Españadero avánzanos ao grupo que estará esta semana en Lume na Palleira: Brúa, que presentan o seu primeiro disco homónimo.
    5 min
  • Un día para danzar
    Celebramos o Día Internacional da Danza recibindo a Jaime Pablo, coreógrafo e director de Nova Galega de Danza; e mais a Julia Laport, que fai danza urbana e contemporánea.
    11 min
  • Diario cultural 29-04-2024
    Conversamos coa cineasta Sonia Méndez sobre Luz Fandiño, falecida o pasado domingo. Referente do feminismo, muller loitadora, comunista, pobre e comprometida coas causas xustas e con Galicia.
    Por outra banda, celebramos o Día Internacional da Danza recibindo a Jaime Pablo, coreógrafo e director de Nova Galega de Danza; e mais a Julia Laport, que fai danza urbana e contemporánea.
    Ademais, Emilio Españadero avánzanos ao grupo que estará esta semana en Lume na Palleira: Brúa, que presentan o seu primeiro disco homónimo.
    30 min
  • Ramón Campos e "El Caso Asunta", cine galego en Baviera e o Play Doc
    Conversa co cineasta Alfonso Zarauza, que estivo non festival bávaro de Regensburg. Baixo o epígrafe "cinEScultura" exhibiron o mellor do cinema galego dos últimos tempos.
    Co creador da serie "El caso Asunta" desvelamos segredos de casting e líneas vermellas que non quixeron atravesar.
    E citamos ao director do Play Doc de Tui, que comeza o 1º de maio
    56 min
  • En Xogo motor 27-04-2024
    Tralo seu subcampionato no CERA 2023, Jorge Cagiao volve afrontar o mesmo reto nesta temporada. O piloto da Ferrolterra venceu na primeira cita, o Rally de la Llana e pasou polo espazo de motor para analizar a proba catalá. Ademáis, foron protagonistas algúns dos pilotos destacados na terceira cita do Galego de Rallys, desputado en Noia a pasada fin de semana.
    29 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00