Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 15-04-2024
    'A cousa eterna' é o novo libro de poemas do escritor e narrador oral. Os movementos poéticos do diafragma nun libro publicado por Apiario editora.
    Falamos do vindeiro concerto de Xosé Manuel Budiño no Teatro Principal de Ourense presentando o seu oitavo álbum: 'Branca vela'. Imos tamén ata Pontevedra, onde a finais de mes vai ter lugar a Aña Urbana na Praza do Concello, con grupos da Asociación Cultural Trépia e Comando Curuxás, entre outros. Ademais, escoitamos un anaco do último de Noites de Rock e Meigas: "Cando o Ebro Sona".
    30 min
  • En xogo motor 13-04-2024
    Tras competir a temporada pasada cunha montura do Grupo 2, un R5 co que chegou a gañar de maneira absoluta algunha proba do Supercampionato, o alaricán Javier Pardo pasou polo Galicia en Xogo Motor para explicar os pormenores do seu 2024 pilotando un Renault Alpine do equipo Recalvi. Na primeira proba, desputada en Sierra Morena, acumulou sensacións positivas e incluso un scratch no último treito desputado en Los Villares.
    30 min
  • Tradescola
    Falamos con Felisa Segade e Xaneco Tubío do obradoiro intensivo de percusión tradicional de man desta fin de semana en Lugo, organizado por Tradescola
    14 min
  • Cancións tristes de Maine nun pazo de Silleda
    Max García Conover é un músico estadounidense con raíces pontevedresas que visita por primeira vez Galicia. Conversamos con el no pazo da Viña, na localidade silledense da Bandeira.
    Alí está a gravar o seu próximo disco co selo barcelonés Son Canciones, impulsado pola galega Mabel Alonso e o belga Lieven Scheerlinck.
    19 min
  • Danza para seguir na loita
    Con Afonso Becerra abordamos as dificultades dos artistas emerxentes para facerse un oco en modalidades marxinadas como a danza contemporánea. Facémolo a través da obra 'Nova Dança', coproducida e estreada polo Teatro Diogo Bernardes.
    11 min
  • A construción do son
    A Asociación Labra organiza en Compostela o Encontro que reúne aos profesionais da luthería galega. Falamos con Ana Fariña e Pablo Sánchez
    18 min
  • Diario cultural 12-04-2024
    A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, imparte esta fin de semana un obradoiro intensivo de percusión tradicional de man.
    Falamos con Felisa Segade e Xaneco Tubío
    14 min
  • Diario cultural 12-04-2024
    A Asociación Labra organiza en Compostela o Encontro que reúne aos profesionais da luthería galega. Falamos con Ana Fariña e Pablo Sánchez.
    Con Afonso Becerra abordamos as dificultades dos artistas emerxentes para facerse un oco en modalidades marxinadas como a danza contemporánea. Facémolo a través da obra 'Nova Dança', coproducida e estreada polo Teatro Diogo Bernardes.
    30 min
  • Diario cultural tarde 12-04-2024
    Coñecemos o músico estadounidense Max García Conover, que grava nun pazo da Bandeira o seu próximo disco mentres busca pistas do seu bisavó galego.
    Eva Mejuto proponnos hoxe ´Como escorrentar un lobo `de Antonio Manuel Fraga e ´Contas de buxo` de Raquel Fernández Fernández.
    30 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00