Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 08-04-2024
    O día 19 A Federeción de Librarías de Galicia abre en Ferrol o calendario das feiras do Libro de Galiza. Desta volta estarán agrupadas baixo o título 'Atopa a túa historia'
    14 min
  • Diario cultural 08-04-2024
    Boloña convértese cada primavera en espazo de encontro para os distintos ámbitos profesionais implicados no mundo do libro infantil e xuvenil. A Asociación Galega de Editoras conta cun espazo propio dentro desta Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Falamos co seu presidente, Henrique Alvarellos, co director de Kalandraka, Xosé Antonio Ballesteros, e con Fina Casalderrey, candidata Premio Astrid Lindgren.
    Con Emilio Españadero repasamos o cartel do VII Festival Son Cervexeiro de Ortigueira, con nomes destacados como os Ailá ou Os Carecos.
    30 min
  • Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña
    Boloña convértese cada primavera en espazo de encontro para os distintos ámbitos profesionais implicados no mundo do libro infantil e xuvenil. A Asociación Galega de Editoras conta cun espazo propio dentro desta Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Falamos co seu presidente, Henrique Alvarellos, co director de Kalandraka, Xosé Antonio Ballesteros, e con Fina Casalderrey, candidata Premio Astrid Lindgren.
    22 min
  • En xogo motor 06-04-2024
    O Campionato Galego de Ralis desembarcou en Lalín para desputar a súa segunda cita, co mítico Rali do Cocido que, nesta 28ª edición, regresaba ao calendario autonómico. Cunha metereoloxía variable e treitos deslizantes, a proba viviu un novo trunfo de Vítor Senra, que co seu Citroëm C3 WRC sumaba a segunda vitoria da temporada. Coa mesma montura rematou segundo Alberto Otero. Pechaba o podio o de Vincios (Gondomar) Alberto Meira. Todos eles e algún piloto máis eran as voces protagonistas do Galicia en Xogo Motor deste sábado.
    30 min
  • A solidariedade a través do 'NOSO'
    Afonso Becerra tráenos un chisco de solidariedade co 'NOSO' d'Os Náufragos Teatro. Con texto e dirección de Gustavo del Río, trátase dunha obra que conxuga o posesivo do pobo, da comunidade e do territorio.
    10 min
  • E Touriñán dixo: "Aquí tou!"
    Xose Antonio Touriñán continua xira por Galicia co seu monólogo 'Aquí tou!', no que realiza un percorrido polos momentos clave da súa vida, nunha mestura de realidade e ficción en clave cómica. Con el conversamos sobre o espectáculo, a súa traxectoria... e dános unha primicia sobre 'Somos criminais'!
    18 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00