Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 03-04-2024
    María Villamarín e Óscar Senra fálannos do ciclo "A aldea desmedida", organizado Numax en Santiago e comisariado por Maos Innovación Social. O que pretende é precisamente botar unha pensada a esta cidade dende distintos puntos de vista e entender o lugar que habitamos.
    Anton Bruckner centra os concertos desta semana da Orquestra Sinfónica de Galicia. Afondamos na vida do compositor austriaco con Luís Miguel Crespo.
    30 min
  • 'Ubasute'
    A nosa experta Dolores Vilavedra fainos unha pequeña reseña de 'Ubasute', unha obra de Paula Carballeira editada por Galaxia.
    13 min
  • Diario cultural 02-04-2024
    A Organización Internacional do Libro Xuvenil marcou o 2 de abril - co gallo do nacemento de Hans Christian Andersen -como o Día do Libro Infantil. Un día para falar de contos, novelas, poesía ou teatro para a cativada. Facémolo con Monste Pena, profesora da USC e investigadora especializada en Literatura Infantil e Xuvenil; e David Cortizo, presidente de Galix. Con elas afondamos nas reivindacións do sector, nos datos, no ensino, na corrección de textos clásicos... e recomendan algunha lectura ben interesante!
    Outra recomendación ben da man da nosa experta Dolores Vilavedra, que hoxe nos fai unha pequeña reseña de 'Ubasute', unha obra de Paula Carballeira editada por Galaxia.
    30 min
  • Diario cultural 02-04-2024
    “Hai que repensar unha relación co pasado”. A filósofa Fina Birulés fala de Hanna Arendt na Semana Galega de Filosofía en Pontevedra e na Universidade de Santiago.
    Repasamos citas ao fío do Día do Libro Infantil e Xuvenil
    14 min
  • Un libro nas mans da cativada
    A Organización Internacional do Libro Xuvenil marcou o 2 de abril - co gallo do nacemento de Hans Christian Andersen -como o Día do Libro Infantil. Un día para falar de contos, novelas, poesía ou teatro para a cativada. Facémolo con Monste Pena, profesora da USC e investigadora especializada en Literatura Infantil e Xuvenil; e David Cortizo, presidente de Galix. Con elas afondamos nas reivindacións do sector, nos datos, no ensino, na corrección de textos clásicos... e recomendan algunha lectura ben interesante!
    15 min
  • Moita música portuguesa... con novidades!
    Nun mes moi especial para os nosos veciños portugueses Emilio Españadero tráenos as melodías e as voces de varios artistas do país luso: Espiral e "Pantagruel", Ana Moura e "Janela Escancarada", Luís Peixoto e "Please Take Care" e María Ana Bobone e "Barco negro".
    14 min
  • Trala talla de Francisco Asorey
    Co gallo do “Día das Artes Galegas 2024” deu comezo na Coruña un ciclo composto por catro conferencias dedicado ao escultor Francisco Asorey, un dos renovadores da arte galega, cunha obra espallada por toda Galicia.
    15 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00