Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 05-04-2024
    Xose Antonio Touriñán continua xira por Galicia co seu monólogo 'Aquí tou!', no que realiza un percorrido polos momentos clave da súa vida, nunha mestura de realidade e ficción en clave cómica. Con el conversamos sobre o espectáculo, a súa traxectoria... e dános unha primicia sobre 'Somos criminais'!
    Afonso Becerra tráenos un chisco de solidariedade co 'NOSO' d'Os Náufragos Teatro. Con texto e dirección de Gustavo del Río, trátase dunha obra que conxuga o posesivo do pobo, da comunidade e do territorio.
    29 min
  • Diario cultural 05-04-2024
    Coñecemos o novo espectáculo do colectivo de danza urbana D´Elas. 'É difícil fotografar o baleiro' é un espectáculo de formato longo pensado para teatros e auditorios que se estrea no Jofre de Ferrol.
    Eva Mejuto escolle lecturas na semana grande da literatura infantil e xuvenil: 'Sete dentes de león' de Ledicia Costas e 'Os libros e a beleza' da antropóloga Michèle Petit
    30 min
  • Os 50 anos dunha "revoluçao" imborrable
    En colaboración coa Cinemateca Portuguesa, entre o 24 de abril e o 3 de mayo proxéctanse unha serie de documentais filmados nos días da revolución portuguesa. Tamén se proxectan ficcións que retratan á xente nas rúas e as manifestacións, así como o proceso de reforma agraria.Falamos con Jaime Pena, responsable de programación.
    17 min
  • Diario cultural 04-04-2024
    Falamos con Álvaro de la Vega, que inaugura en Fonseca “Xéneros e números”.
    No marco do ano Antonio Palacios dúas exposicións celebran a obra do arquitecto porriñés
    14 min
  • Diario cultural 04-04-2024
    En colaboración coa Cinemateca Portuguesa, entre o 24 de abril e o 3 de mayo proxéctanse unha serie de documentais filmados nos días da revolución portuguesa.
    Tamén se proxectan ficcións que retratan á xente nas rúas e as manifestacións, así como o proceso de reforma agraria.
    Entrevista a Jaime Pena, responsable de programación.
    30 min
  • O coidado social para outro tempo
    “Os custos que supón o coidado están recaendo nas mulleres. Hai que ir a un coidado social”. Cristina García Sainz fala de “Os tempos sociais do traballo cunha perspectiva de xénero” na Semana Galega de Filosofía en Pontevedra.
    10 min
  • O foco en Anton Bruckner
    Anton Bruckner centra os concertos desta semana da Orquestra Sinfónica de Galicia. Afondamos na vida do compositor austriaco con Luís Miguel Crespo.
    12 min
  • En Compostela hai moitas cidades
    María Villamarín e Óscar Senra fálannos do ciclo "A aldea desmedida", organizado Numax en Santiago e comisariado por Maos Innovación Social. O que pretende é precisamente botar unha pensada a esta cidade dende distintos puntos de vista e entender o lugar que habitamos.
    17 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00