Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 01-04-2024
    Co gallo do “Día das Artes Galegas 2024” deu comezo na Coruña un ciclo composto por catro conferencias dedicado ao escultor Francisco Asorey, un dos renovadores da arte galega, cunha obra espallada por toda Galicia.
    Nun mes moi especial para os nosos veciños portugueses Emilio Españadero tráenos as melodías e as voces de varios artistas do país luso: Espiral e "Pantagruel", Ana Moura e "Janela Escancarada", Luís Peixoto e "Please Take Care" e María Ana Bobone e "Barco negro".
    30 min
  • En xogo motor 30-03-2024
    Na media hora adicada ao motor escoitouse a Jorge Prado nos micrófonos da TVG trala súa gran vitoria no GP de España do mundial de motocross. Tamén repasamos aos convidados do En Xogo - Todo Motor, Tinín Iglesias, David Vázquez e Álvaro Muñiz. Ademáis houbo repaso ao que aconteceu na presentación do proxecto de Iván Ares e aos primeiros clasificados na Pirelli AMF do pasado Rally da Coruña. Finalmente pasou pola grella do motor da RG Diego Gómez, piloto de Antas de Ulla, que participará no vindeiro Rali do Cocido.
    30 min
  • Nabiza girl
    A serie protagonizada por Nabiza girl "Así falamos, así sentimos", busca reforzar a identidade galega entre a mocidade. Pode verse en redes sociais coma Instagram e TikTok,.
    10 min
  • 'Puan' e 'La Bête'
    Moncho Lemos escolma as estreas cinematográficas máis interesantes da Semana Santa. 'Puan', de María Alché e Benjamín Naishtat, unha comedia dramática arxentina premiada no festival de Donostia e mais 'La Bête', un filme de ciencia ficción de Bertrand Bonello a partir dun relato de Henry James.
    11 min
  • Diario cultural 29-03-2024
    A mostra “A inquietude creativa” percorre 50 anos do traballo do pintor lugués Joaquín García-Gesto. Unha exposición antolóxica que se pode ver na sede de AFundación en Lugo.
    "Sobre" de Teatro Ensalle no comentario de artes escénicas de Afonso Becerra.
    30 min
  • O último de Madruga Works e Under Castle
    Con Luz Castro falamos dos últimos traballos de dous estudos galegos. O incipiente Under Castle está a piques de sacar 'Xelatina ten fame' e o xa consolidado Madruga Works lanzou o pasado ano 'The Mobius Machine'.
    8 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00