Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Astérix en galego e poesía no vento
    Astérix en galego e poesía no vento
    Eva Mejuto conmemora o Día da Poesía e o Día da Banda Deseñada nas súas propostas lectoras desta semana. Falamos das traducións ao galego de 
    Astérix e mais do poemario 'Os ecos do vento' de Antonio García Teijeiro.
    10 min
  • A gordofobia a escena
    A gordofobia a escena
    'O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada' é o monólogo que a dramaturga Esther Carrodeguas lle dedica á nosa difícil relación
    co propio corpo.
    19 min
  • Os gañadores dos María Casares
    Os Premios María Casares de Teatro que outorga a Asociación de Actores e Actrices de Galicia entregáronse onte no Rosalía da Coruña. Nunha festa chea de música e de mar, a gran triunfadora foi 'Unha inimiga do pobo', de Talía Teatro. Falamos co seu director, Tito Asorey, e coa actriz protagonista premiada: Marta Lado. Ademais, conversamos tamén con Artur Trillo e Quico Cadaval, mellor dirección xunto con Tito, por 'O auto do Castromil'. Todo coa colaboración do noso experto Afonso Becerra.
    29 min
  • Diario cultural 22-03-2024

    30 min
  • Diario cultural 22-03-2024
    Esther Carrodeguas fálanos do seu monólogo teatral 'O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada', que ten a súa estrea galega en Narón.
    Hai poesía e banda deseñada nas propostas lectoras de Eva Mejuto: os cómics de Astérix en galego e 'Os ecos do vento' de Antonio García Teijeiro.
    29 min
  • Música para a primavera
    Escoitamos con Tito Lesende o novo disco de Pauliña, 'GALEGO IS NOT DEAD', novas cancións de Baiuca e mariagrep e Fillas de Cassandra, que serán protagonistas na noite dos Mestre Mateo
    e presumen de catro candidaturas aos premios MIN da música independente
    9 min
  • Dj Mil aos pratos
    Dj Mil vén de sacar “Osos & pandeiretas”, un EP formado por seis temas nos que as músicas que conforman as súas influencias empapan cada "beat". A través dunha sesión en directo, e posterior conversa, vainos amosar as claves da súa música.
    24 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00