Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Así vou eu, formando parte
    ´Así vou eu, formando parte`, é o título do poemario que nos trae esta semana Dolores Vilavedra.
    Eva Veiga e Pilar Pallarés, que trataron a Luísa Villalta, escriben o epílogo e o prólogo desta escolma con 77 poemas.
    Luísa Villalta, autora que se homenaxea este ano no Día das Letras Galegas, celebraría este ano o seu 77 aniversario.
    13 min
  • NoReM
    Vituco Neira fala con María Valle, voz e percusión no grupo Noites de rock e meigas. Fan fusión partindo da música tradicional galega con ritmos rock e punk dende Miranda de Ebro.
    16 min
  • Diario cultural 27-02-2024
    Inauguramos a temporada de festivais co Festival do Queixo en Arzúa e A Candeloria en Lugo. Na sección de Arte, Mónica Maneiro recomenda a mostra 'Inda é día', dedicada ao artista de Lalín Antón Lamazares.
    30 min
  • Diario cultural 27-02-2024
    As compañías Elefante Elegante e Nauta Teatro presentan os seus novos espectáculos en FETEN 2024. 'Kyoky' e 'Gaia Baba', a meiga forman parte do programa da XXXIII Feira Internacional de Artes Escénicas para Nenos e Nenas de Xixón.
    15 min
  • Diario cultural 27-02-2024
    Vituco Neira achéganos a NoReM (Noites de rock e meigas) falando con María Valle, voz e percusión neste grupo de Miranda de Ebro que canta en galego.
    Recibimos á Dolores Vilavedra, que hoxe nos trae ´Así vou eu, formando parte` de Luisa Villalta., a quen se adica este ano o día das Letras Galegas. Esta antoloxía poética está prologada por Pilar Pallarés, cun epílogo a cargo de Eva Veiga.
    30 min
  • Xogar na Idade de Ferro
    O arqueólogo Samuel Nión-Álvarez fálanos do que pode ser o primeiro xogo de taboleiro, atopado nas excavacións de Castro Curbín.
    A datación con carbono-14 sitúao na Idade de Ferro.
    30 min
  • O meridiano do matemático Rodríguez
    Estíbaliz Espinosa recorda hoxe a Xosé Rodríguez, o matemático da parroquia lalinense de Bermés, designado Científico Galego do Ano pola Real Academia Galega de Ciencias. Ademais, escoitamos música feita por cactus e un poema de Concha Méndez, unha das 'Sinsombrero', a Rosalía de Castro.
    12 min
  • Axúdame a sentir
    Emilio Españadero percorre parte da obra de Xabier Díaz co gallo da publicación, o 1 de marzo, do seu novo disco con Adufeiras do Salitre.
    12 min
  • Diario cultural 26-02-2024
    "O Diario non tivo aínda os lectores que merecía". O investigador Anxo Rabuñal publica 'O pintor e a vida moderna. Para lermos o Diario de Castelao'. O ensaio documenta a viaxe de estudos de Castelao por Europa e analiza a obra Diario 1921.
    15 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00