Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 26-02-2024
    O que pode ser o xogo de taboleiro máis antigo de Europa estaba en Arzúa. O arqueólogo que dirixiu a excavación en Castro Curbín, Samuel Nión-Álvarez, cóntanos tódolos detalles deste achado, datado na Idade de Ferro.
    E, con Emilio Españadero, asomámonos a ´Áxúdame a sentir`, o novo disco de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre que se presenta o venres.
    29 min
  • Diario cultural 26-02-2024
    A Real Academia Galega ponlle o ramo ao centenario de Manuel Murguía con dúas publicacións, das que falamos coa académica Marilar Aleixandre e o bibliotecario da RAG Fernando Pereira. Na sección de voces expertas, Estíbaliz Espinosa fálanos do Científico Galego de 2024 e da linguaxe das plantas.
    30 min
  • A biblioteca de Manuel Murguía
    A Real Academia Galega ponlle o ramo ao centenario do historiador con dúas publicacións, das que falamos coa académica Marilar Aleixandre e o bibliotecario da RAG Fernando Pereira. "Na biblioteca de Murguía había máis de 50 libros sobre celtismo".
    17 min
  • Bule presenta en directo 'Agora ou nunca'
    A banda Bule presenta en directo o seu primeiro LP 'Agora ou nunca'. Escoitamos punk e power pop en galego desde Pontedeume.
    Este venres actúan na sala Sónar de Santiago, o 2 de marzo en Pontevedra, o 6 de abril estarán na Coruña e en maio darán concertos en Ferrol e Lugo.
    18 min
  • Rosalía para a picarexada
    No Día de Rosalía, descubrimos as propostas de Eva Mejuto para a rapazada: 'Rosalía', de Alba de Evan e Xabier Domínguez (Cumio); 'Miña casiña meu lar', de Blanca Millán (Galaxia); e 'O sombreiro de murga' (Fundación Rosalía de Castro).
    11 min
  • 'PF-Site Specific 023'
    Afonso Becerra achéganos a 'PF-Site Specific 023', un espectáculo de danza estreado hai unha semana en Vigo que define coma´o tempo nos pés de Amparo Martínez Paz`.
    11 min
  • O día de Rosalía
    Entrevista a María do Cebreiro Rábade Villar, codirectora da cátedra sobre Rosalía na USC.
    Mari Pereira dá conta de tódolos actos programados hoxe para festexar á poeta senlleira das letras galegas.
    17 min
  • Diario cultural 23-02-2024
    A banda Bule presenta en directo o seu primeiro LP 'Agora ou nunca'. Escoitamos punk e power pop en galego desde Pontedeume. Na sección de voces expertas, Eva Mejuto propón as primeiras lecturas para achegarse a obra de Rosalía de Castro.
    30 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00