Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Chévere sobe á escena a lingua de signos
    A compañía Chévere estrea a montaxe 'Helen Keller, a muller marabilla?', unha obra que parte da figura da primeira persoa xordocega en titularse na Universidade, a estadounidense Helen Keller. O modelo de superación no que foi convertida agachou a súa faceta de activista en favor de causas como o pacifismo, o sufraxismo ou o comunismo. A compañía Chévere volve cuestionar os relatos oficiais neste espectáculo, que combina en pé de igualdade o galego e a lingua de signos e ironiza sobre as ferramentas do teatro documento.
    23 min
  • Territorios da Entropía
    O noso expero en música clásica achéganos unha proposta da RFG para mañá en Santiago e o venres en Vigo.
    Coa dirección de Sebastian Zinca e Judith Jáuregui ao piano han interpretar Entropía, de Inés Badalo. Noches en los jardines de España (orq. Bética) de Manuel de Falla e Sinfonía en Re, de Juan Crisóstomo de Arriaga.
    11 min
  • Finalistas dos María Casares
    Falamos con Tito Asorey, director de ´Unha inimiga do pobo`, de Talía Teatro; Álex Sampaio, director de ´Hamelin`, de Redrum Teatro e Víctor Mosqueira, protagonista de ´O Auto do Castromil`, de Producións Teatrais ExcéntricAS en coprodución co CDG.
    As tres montaxes son as favoritas para os premios María Casares, que se coñecerán no decurso da gala do vindeiro 21 de marzo.
    17 min
  • Diario cultural 21-02-2024
    A compañía Producións Teatrais Excéntricas estrea 'Monstros'. É unha peza de teatro familiar sobre un texto de Lucía Aldao e María Lado. Neste Diario cultural conversamos con Marcos Orsi, director da montaxe.
    15 min
  • Diario cultural 21-02-2024
    Falamos con tres finalistas para a 28 edición dos premios de teatro María Casares, a celebrar o vindeiro 21 de marzo. Son Tito Asorey (Talía Teatro), Álex Sampaio (Redrum Teatro) e Víctor Mosqueira (Producións Teatrais Excéntricas).
    O noso expero en música clásica, Luis Miguel Crespo, achéganos a ´Territorios de la Entropía` da Real Filharmonía de Galicia.
    30 min
  • Diario cultural 21-02-2024
    A compañía Chévere estrea a montaxe 'Helen Keller, a muller marabilla?', unha obra que parte da figura da primeira persoa xordocega en titularse na Universidade, a estadounidense Helen Keller. O modelo de superación no que foi convertida agachou a súa faceta de activista en favor de causas como o pacifismo, o sufraxismo ou o comunismo. A compañía Chévere volve cuestionar os relatos oficiais neste espectáculo, que combina en pé de igualdade o galego e a lingua de signos e ironiza sobre as ferramentas do teatro documento.
    30 min
  • 'Míticas pero secundarias'
    Antón Reixa e Antela Cid recuperan personaxes da mitoloxía grega en 'Míticas pero secundarias'. Un díptico escénico que pecha a última edición ciclo 'Clásicas desfeitas' na Cidade da Cultura.
    'A infeliz felicidade e o prezo do aceite' é unha conferencia satírica na que Reixa une a Polícrates e a Rosalía, mentres que en 'Tres somos ti' Cid encarna tres mulleres silenciadas pola dramaturxia clásica: Ismene, Crisótemis e Políxena. Será o 23 e 24 de febreiro ás 20:30 no Edificio Fontán da Cidade da Cultura.
    17 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00