Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 19-02-2024
    Unha nova xeración de comunicadoras conquista Youtubeiras: OU Ké!, O Faiado Podcast e Recuncho Gamer, entre os premiados na 7ª edición do certame.
    Na sección de voces expertas, Mario César Vila debulla a 17ª edición do foro de divulgación 'Encontro Arqueolóxico do Barbanza'.
    30 min
  • Diario cultural 19-02-2024
    "Ninguén fala de Luísa Villalta como teórica da literatura. Ela moveu os marcos”. O escritor e músico Xurxo Souto reivindica o método Luísa Villalta e reúne no volume 'Somos un pobo de artistas', un conxunto de ensaios e artigos que subliñan a unidade entre a música e a poesía.
    15 min
  • Juan Galiñanes, Lucía Estévez e Luis Iglesia
    Iniciamos unha rolda de conversas con creadores e creadoras finalistas nos premios do audiovisual galego do 23 de marzo.
    Galiñanes por ‘Fatum’ e Lucía Estévez por “O neno sardiña’ e ‘Os Argonautas’.
    Con Luis Iglesia analizamos o papel dos actores e actrices de dobraxe, a raíz das palabras de S. Weawer nos Goya.
    57 min
  • 'Meigas', o disco galego de Pamela Rodríguez
    Do Perú á Coruña. Pamela Rodríguez preséntanos 'Meigas', o seu primeiro disco galego. O traballo inclúe versos de Rosalía e colaboracións de Guadi Galego e Iván Ferreiro. O disco ten bases electrónicas e letras que reivindican a liberdade, o erotismo e a madurez. Pamela Rodríguez presenta o disco no Riquela Club de Santiago o vindeiro venres 23 de febreiro.
    20 min
  • Anda, Diana
    Afonso Becerra achéganos a peza ´Anda, Diana`, da coreógrafa e bailarina lusa Diana Niepce, en cadeira de rodas dende hai dez anos.
    A artista protagoniza unha danza na que dous bailaríns a van movendo sobre o escenarioi.
    30 min
  • Diario cultural 16-02-2024
    A artista peruana Pamela Rodríguez reivindica o pracer e a madurez das mulleres no seu novo disco 'Meigas'. Na sección de voces expertas, Eva Mejuto presenta un novo reto lector.
    30 min
  • A toponimia de Antas de Ulla
    Begoña Vázquez entrevista a Andrea Santiso que esta tarde presenta o libro na Casa da Cultura da súa vila, Antas de Ulla.
    A filóloga lucense percorre as 26 parroquias e máis dun cento de lugares do municipio debullando a súa toponimia.
    Á toponimia de Antas de Ulla`está editado pola Real Academia Galega.
    13 min
  • Diario cultural 16-02-2024
    "A danza neste momento necesita un plan integral para saír adiante”. Branca Novoneyra é unha das organizadoras do ciclo 'Lecturas que danzan' que relaciona, na Biblioteca Ánxel Casal, as artes do movemento coa saúde, a filosofía ou o activismo.
    15 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00