Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Náufragos Teatro estrea 'Noso'
    Náufragos Teatro estrea 'Noso', unha “dramedia” que no marco das mobilizacións contra os parques eólicos no rural explora as relacións familiares e os vínculos co territorio.
    10 min
  • 'Os coleccionistas de sombras'
    O artista Vicente Blanco expón na galería Néboa de Lugo 'Os coleccionistas de sombras'. Unha serie de debuxos que crean un estado mental no que paira a tensión causada na sociedade actual pola perda de biodiversidade, de tradicións e formas culturais. A exposición pode visitarse ata o 13 de abril.
    11 min
  • Cantos vinilos se venden?
    Tito Lesende debulla as vendas globais de discos e pica cancións de varios grupos: Mundo Prestigio publica disco o 7 de marzo; escoitamos o novo son De Ninghures e, ademais, Los Planetas pasarán este verán polo Atlantic Fest.
    18 min
  • 'Priscila' e 'Buscado a Coque'
    Xa nos cines a última de Sofía Coppola. ´Priscila´ narra a relación entre Elvis Presly e a única muller coa que casou.
    ´Buscando a Coque´é unha comedia romántica española que supón o debut na pantalla grande de Teresa Bellón e César F. Calvillo.
    18 min
  • Entroido enfeitizado
    Begoña Vázquez entrevista a María Maquiera ao respeco da súa exposición ´Entroido Enfeitizado`. A mostra recolle 18 debuxos que ilustran o relato homónimo do cineasta Carlos Velo.
    Na galería Visol de Ourense.
    8 min
  • Diario cultural 15-02-2024
    O artista Vicente Blanco expón 'Os coleccionistas de sombras' na galería Néboa de Lugo. Na sección de voces expertas, Tito Lesende debulla as cifras de venda de discos.
    30 min
  • Diario cultural 15-02-2024
    Arte de exposición con María Maquieira e o seu ´Entroido enfeitizado`na galería Visol de Ourense.
    Dúas estreas na carteleira: ´Priscilla`e ´Buscando a Coque`.
    30 min
  • Diario cultural 15-02-2024
    Náufragos Teatro estrea Noso, unha “dramedia” que no marco das mobilizacións contra os parques eólicos no rural explora as relacións familiares e os vínculos co territorio
    15 min
  • Chévere estrea 'Helen Keller, a muller marabilla?'
    A compañía de teatro Chévere estrea en Compostela 'Helen Keller, a muller marabilla?'. "Creamos un dispositivo que ironiza sobre o traballo do teatro documental e o noso propio traballo dos últimos anos", asegura o director Xesús Ron nunha entrevista no Diario cultural.
    11 min
  • Teatro sobre o porno na adolescencia
    Talía Teatro prepara unha montaxe escénica sobre o impacto da pornografía na adolescencia. A compañía acaba de realizar sesións de teatro foro en institutos para escoitaren as opinións de mozos e mozas entre os 14 e 16 anos.
    15 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00