Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 13-02-2024
    Anunciamos qur Eva Veiga é o premio de honra nos Mestre Mateo.
    Isabel Freire fala con Antón Castro, comisario da exposición pictórica ´ Barreiro, o silencio que chove luz na xanela¨. A mostra adicada ao pintor de Forcarei, José María Barreiro, está na Cidade da Cultura ata finais de abril.
    A nosa experta en poesía, Loli Vilavedra, fálanos da antoloxía comentada de Román Raña ´Poesía das diversidades (O poemario que lemos en 2020)´.
    30 min
  • Diario cultural 13-02-2024
    O investigador Carlos X. Ares publica 'Animalario do Entroido. Mito e tradición', un dos estudos que se presentará nas Xornadas sobre o Entroido que organiza SAGA, a Sociedade Antropolóxica Galega, en Pontevedra.
    15 min
  • STEM, STEAM e follas de limón
    Na sección de voces expertas, Estíbaliz Espinosa fala do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Buscamos auga no sistema solar e preparamos follas de limón con Álvaro Cunqueiro.
    16 min
  • Diario cultural 12-02-2024
    "Cremos que é unha obra importante que co tempo vai gañar máis, se vai entender máis". Gonzalo Hermo coordina o volume 'Nocturno de verán e outros poemas' que reúne poemas inéditos e recupera outros textos do escritor Francisco Cortegoso.
    15 min
  • Diario cultural 12-02-2024
    Neste Diario Cultural temos un novo episodio de 'Escoitamos Teatro'. O capítulo 'Interior dun coche fúnebre' narra a historia de dous empregados dunha funeraria que transportan un cadaleito pola autoestrada. Un deles, traballador modélico, reflexiona sobre a súa vida ante o outro, contratado en prácticas e fillo da dona. É unha creación da autora e actriz Eva María Gontad. Na sección de voces expertas, Estíbaliz Espinosa fala do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.
    30 min
  • Oficios artesanais con futuro
    Fernando Freire é xastre. Aroa e Saúl aprenden con el a facer unha chaqueta de traxe. Este curso de xastrería tradicional forma parte do programa 'Aprender a tradición. Oficios e técnicas', que promove a Fundación Artesanía de Galicia para apoiar a remuda xeracional.
    19 min
  • Lecturas de Entroido e sabedeiras
    Na sección de voces expertas, Eva Mejuto recomenda lecturas para todas as idades coas que desfrutar do Entroido e da gastronomía. Neste Diario Cultural lemos 'Formigas. Misión Entroido', de Pere Tobaruela e Andrés Meixide, publicado na editorial Xerais. Tamén lemos 'Comer e ler en galego', unha iniciativa do CIFP Paseo das Pontes da Coruña.
    10 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00