Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Os gañadores dos Premios DeVuego
    Luz Castro achéganos a ´Minabo`, finalista na categoría Arcade. Tamén a ´Pan y Federico¨, mellor xogo de plataformas. Asemade aos gañadores dos DeVuego en estratexia, acción e condución: ´Do not feed the monkeys 2099´, ´Laika: aged trough blood´e ¨Siper Woden GP2`.
    13 min
  • Diario cultural 14-02-2024
    Mari Pereira entrevista a Perfecto Ramos, autor do libro ´Joaquín Vaamonde Cornide`, un pintor galego con éxito internacional a finais do século XIX.
    Begoña Vázquez recibe á nosa experta en videoxogos, Luz Castro, que nos fala de cinco dos gañadores dos Premios DeVuego
    30 min
  • Diario cultural 14-02-2024
    A compañía de teatro Chévere estrea en Compostela 'Helen Keller, a muller marabilla?'. "Creamos un dispositivo que ironiza sobre o traballo do teatro documental e o noso propio traballo dos últimos anos", asegura o director Xesús Ron nunha entrevista no Diario cultural.
    15 min
  • Diario cultural 14-02-2024
    Talía Teatro prepara unha montaxe escénica sobre o impacto da pornografía na adolescencia. A compañía acaba de realizar sesións de teatro foro en institutos para escoitaren as opinións de mozos e mozas entre os 14 e 16 anos.
    Neste Diario cultural temos tamén un novo capítulo de 'Escoitamos Teatro'. O episodio narra a historia de dúas amigas que están a piques de subir a un avión para mudarse xuntas ao Brasil. No aeroporto, unha delas confésalle á outra un segredo que xera un dilema inesperado. O autor do texto, o vigués Francisco Peleteiro, ten ampla experiencia nas artes escénicas e o audiovisual como autor, adaptador, actor ou docente. No ámbito do radioteatro foi finalista do V Premio de Teatro Radiofónico da Radio Galega (2011).
    30 min
  • Poesía das diversidades
    A nosa experta Loli Vilavedra tráenos a antoloxía comentada de Román Raña sobre a poesía que lemos en 2020. Baixo o título ´Poemario das diversidades´, o autor vigués repasa as publicacións no ano da pandemia
    11 min
  • Diario cultural 13-02-2024
    Neste Diario cultural temos un novo episodio de 'Escoitamos Teatro'. O capítulo "Encerrado" desenvólvese no velorio dunha moza asasinada. O seu profesor asiste ao tanatorio e queda encerrado no ascensor co repartidor de flores. A conversa entre ambos cambiaralle a vida. O autor do texto é o xerezano José Luis Baños de Cos.
    Na sección de voces expertas, Mónica Maneiro comenta a exposición 'Tótems' en conversa cos artistas Jorge Varela e Alejandra Pombo, dous dos membros de NEG. A mostra pode visitarse na Sala Alterarte do Campus de Ourense.
    30 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00