Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • A Quenlla, Leilía e as Tanxugueiras
    A Quenlla cumpre 40 anos de traxectoria musical coa presentación de ‘Na lírica emoción’, baseado na obra poética de Avelino Díaz. Na sección de voces expertas, Emilio Españadero destaca tamén a xira de despedida de Leilía, que se titula ‘Anque me vou non me vou’; e tamén escoitamos ‘Hoxe, mañá e sempre’, a nova canción das Tanxugueiras.
    9 min
  • Diario cultural 08-01-2024
    ‘Os Andares’ é unha serie de viaxes sonoras para acompañar camiñadas pola comarca dos Ancares. Unha proposta de docuficción baseada na investigación sobre o patrimonio da comarca, na evocación sonora e na escrita de María Lado, Clara Gayo ou Avelina Pérez, entre outros autores. Na sección de voces expertas, viaxamos con Mario César Vila á Torre de Doiras e ao Museo Arqueolóxico de Ourense.
    30 min
  • Diario cultural 08-01-2024
    Factoría de Subsistencia publica o seu novo disco ‘Respirando sempre’. O disco está formado por nove cancións, músicas atemporais que van máis alá das modas e que relatan a vida cotiá das persoas. A presentación oficial do disco será na Casa das Crechas de Compostela. Na sección de voces expertas, Emilio Españadero destaca os últimos traballos da Quenlla, Leilía e Tanxugueiras.
    29 min
  • Diario cultural 08-01-2024
    O escultor Acisclo Manzano expón 'Os Eremitas' no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense ata o 14 de xaneiro. A exposición recupera unha lenda antiga que é tamén o resultado dunha historia persoal vinculada coa Ribeira Sacra. "Débolle toda a miña vida á escultura", sinala Acisclo Manzano nunha entrevista no Diario Cultural.
    15 min
  • A fotógrafa Sara Priego expón 'El barranco' en Vigo
    A fotógrafa Sara Priego expón ‘El barranco’ na Fundación Évame Oroza de Vigo ata o 15 de xaneiro. É unha mostra de imaxes en pequeno formato coa que a artista propón unha exploración das emocións dende a intimidade da súa mirada. A exposición é un ensaio fotográfico sobre o dó, a tristeza, a soidade e as ausencias, pero tamén cunha ollada de esperanza e superación. Sara Priego retrata un proceso persoal que todas as persoas vense obrigadas a sufrir nalgún momento da súa vida. “O que eu relato nas frotografías é algo que todos vivimos, podemos sentirnos identificados co traballo e emocionarnos”, explica a fotógrafa na entrevista no Diario Cultural.
    14 min
  • ‘O raro é que bailar sexa raro’, do colectivo Vacaburra
    O colectivo Vacaburra, formado por Andrea Quintana e Gena Baamonde, presenta o espectáculo ‘O raro é que bailar sexa raro’. Unha peza que pon en cuestión os estereotipos de xénero, como aprendemos a ser mulleres ou homes e como integramos a danza na nosa vida en función do xénero. As creadoras rachan cos límites da danza e rompen co imaxinario colectivo condicionado pola mirada heteropatriarcal. A peza é unha “sacudida” aos compartimentos estancos e aos límites mentais que forman parte da nosa realidade. Afonso Becerra analiza esta obra na sección de voces expertas do Diario Cultural.
    14 min
  • Diario cultural 05-01-2024
    A fotógrafa Sara Priego expón ‘El Barranco’ na Fundación Évame Oroza de Vigo ata o 15 de xaneiro. A mostra de fotografías en pequeno formato é unha ollada a nós mesmos a través da dor, a soidade e as ausencias. Uns sentimentos que permiten ao espectador identificarse co traballo e emocionarse. Na sección de voces expertas, Afonso Becerra analiza a relación entre a construción do xénero e a danza en ‘O raro é que baixar sexa raro’, do colectivo Vacaburra.
    30 min
  • 'Lecturas de coidado', un encontro para ler en común
    Belén Gopegui, Antón Lopo, María Sánchez e Uxue Alberdi son algúns dos escritores que participan en ‘Lecturas de coidado’, un encontro ao redor da lectura en común que se desenvolve en Santiago. Tamén participan profesionais da saúde mental, da medicina comunitaria, da arteterapia, da pedagoxía ou da intervención social. É unha proposta para ler en común, para empregar a lectura como ferramenta de transformación social nunha época de predominio da imaxe, da instantaneidade, da velocidade vertixinosa e de construción de sociedades cada vez máis individualistas. A lectura en común como ferramenta de cambio social.
    14 min
  • 2024: pop tradi e guitarras
    Tito Lesende avanza os lanzamentos musicais que teremos en 2024. Fillas de Cassandra presenta un novo concepto nos seus concertos, unha nova serie de espectáculos que leva por título ‘Últimas Dionisíacas’. Con esta nova proposta, ofrecen maior instrumentación no escenario da man de Tania Caamaño e Marina Vidal. Neste 2024 terá protagonismo o dúo Caamaño & Ameixeiras, que ten concertos previstos en Lugo, Ourense, Barcelona, Girona, Austria, Bélxica e Alemaña; e tamén éxito dos festivais como o Resurrection Fest. O prognóstico para 2024 resúmese en dúas tendencias: en primeiro lugar, a música pop con influencia das tradición e, en segundo lugar, o paulatino regreso da música das guitarras eléctricas.
    15 min
  • Iria Pinheiro e Mónica de Nut presentan Kennebec
    As artistas Iria Pinheiro e Mónica de Nut teñen novo espectáculo poético musical para este 2024. Kennebec é un proxecto innovador de música experimental e electrónica. O espectáculo racha cos estereotipos na música e explora os límites da palabra e das obras creativas. No Diario Cultural entrevistamos as autoras e descubrimos os segredos que hai detrás deste novo proxecto.
    21 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00