Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • 'Feelings', de Janet Novás
    A artista Janet Novás protagoniza a performance ‘Feelings’ na Fundación Luis Seoane da Coruña. Janet Novás é un nome de referencia na danza contemporánea e, ademais, está na lista de aspirantes aos Premios Goya que se van entregar en Valladolid o 10 de febreiro. O seu traballo como protagonista no filme ‘O Corno’, de Jaione Camborda, deu un xiro inesperado a súa carreira artística. O seu traballo sorprendeu a todos os espectadores, pola profundidade da súa personaxe María, unha mariscadora da Illa de Arousa. Neste Diario Cultural entrevistamos a Janet Novás e facemos un percorrido ao longo da súa traxectoria artística. “Unha das primeiras veces que bailei sentín un ‘subidón’ de emocións, namoreime dese momento e, a día de hoxe, sigo buscando sentir o mesmo en cada obra”, explica a artista nas ondas da Radio Galega.
    14 min
  • Diario cultural 11-01-2024
    A artista Janet Novás protagoniza a performance 'Feelings' na Fundación Luis Seoane da Coruña. Janet Novás é un nome de referencia na danza contemporánea e, ademais, está na lista de aspirantes aos Premios Goya co seu traballo como protagonista no filme 'O Corno'. Na sección de voces expertas, Moncho Lemos comenta as últimas estreas cinematográficas: 'Honeymoon' e 'Perfect Days'.
    30 min
  • Diario cultural 11-01-2024
    Xa está en cines a película 'Honeymoon', do galego Enrique Otero e protagonizada por Nathalie Poza e Javier Gutiérrez. "É unha historia de amor, pero sobre todo de segundas oportunidades", explica a actriz do filme María Vázquez nunha entrevista no Diario Cultural. A película parte dun drama, a morte dun fillo nun país estranxeiro, pero o relato constrúese a través da comedia e o humor. Un filme que mantén a atención do espectador ata o último minuto.
    15 min
  • Diario cultural 11-01-2024
    A Escola Pablo Picasso da Coruña dá a coñecer documentación académica do artista entre os anos 1892 e 1895 na Mostra 'Picasso, alumno desta escola'. A mostra conta con láminas mitolóxicas, ilustracións da cidade e as notas sobresaíntes de Picasso, así como a súa primeira obra mestra. É a última das exposicións conmemorativas polo seu aniversario. Na sección de voces expertas, Tito Lesende preséntanos as novidades na escena musical.
    30 min
  • 'As mellores películas da historia', no Teatro Colón da Coruña
    Os grandes clásicos da historia do cine proxéctanse, en versión orixinal, no Teatro Colón da Coruña, con convidados de excepción que comentarán os filmes. Nos coloquios participan cineastas e escritores como Elvira Lindo, Paco Plaza ou Jaione Camborda, directora de ‘O Corno’ e recente Concha de Ouro. No Diario Cultural entrevistamos a Javier Trigales, coordinador deste ciclo de cinema. Entre os filmes están ‘O apartamento’, ‘Ao final da escapada’, ‘Cidadán Kane’, ‘O piano’, ‘O espírito da colmea’ ou ‘Psicose’.
    15 min
  • 'Miñatos de Vran', con libreto orixinal de Enrique Zas e Ramón Otero Pedrayo
    Luís Miguel Crespo analiza a zarzuela galega 'Miñatos de Vran' que volve á escena con representacións no Auditorio de Vilagarcía e no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. Os protagonistas son a Banda de Música Municipal de Santiago, baixo a dirección de David Fiuza; o Coro Asociación Liceo de Vilagarcia dirixido por Josefa Dorado Soto; a formación Antigos Tunos de Santiago; e as voces solistas principais da soprano Patricia Rodríguez Rico, o barítono Gabriel Alonso e o tenor Diego Neira. A dirección escénica está a cargo de José Álvarez, con música de José Fernández Vide e co libreto orixinal de Enrique Zas de 1928, reelaborado por Ramón Otero Pedrayo no 1959.
    13 min
  • Diario cultural 10-01-2024
    Os grandes clásicos da historia do cine proxéctanse, en versión orixinal, no Teatro Colón da Coruña, con cineastas e escritores que comentarán os filmes. Os convidados son persoeiros relevantes da cultura como Elvira Lindo, Paco Plaza ou Jaione Camborda, directora de ‘O Corno’ e recente Concha de Ouro. Na sección de voces expertas, Luís Miguel Crespo destaca a zarzuela galega ‘Miñatos de Vran’ que volve á escena case un século despois da súa primeira representación. A dirección escénica está a cargo de José Álvarez, con música de José Fernández Vide e co libreto orixinal de Enrique Zas de 1928, reelaborado por Ramón Otero Pedrayo no 1959.
    30 min
  • Diario cultural 10-01-2024
    A sede coruñesa da cinemateca da Xunta ofrece, en colaboración coa Fundación Xapón, unha escolma de sete fitas do cineasta xaponés Masahiro Shinoda. No Diario Cultural entrevistamos a Jaime Pena, programador da Filmoteca de Galicia. "É unha oportunidade única, non é fácil acceder a estes filmes", asegura nas ondas da Radio Galega.
    15 min
  • 'Perder as bestas', de Manuel Veiga Taboada
    Entrevista con Manuel Veiga Taboada, o autor da novela 'Perder as bestas', publicada por Xerais en 2023. Son 120 páxinas que nos mergullan na violenta peripecia dunha contrapartida, grupos organizados polo réxime para combater as partidas guerrilleiras, facéndose pasar por elas e sementando o terror entre a poboación. "Ao lector de hoxe esta violencia pódelle parecer esaxerada, pero era así e peor", explica o autor neste Diario Cultural.
    25 min
  • Diario cultural 10-01-2024
    Entrevista con Manuel Veiga Taboada, o autor da novela 'Perder as bestas', publicada por Xerais en 2023. Son 120 páxinas que nos mergullan na violenta peripecia dunha contrapartida, grupos organizados polo réxime para combater as partidas guerrilleiras, facéndose pasar por elas e sementando o terror entre a poboación. "Ao lector de hoxe esta violencia pódelle parecer esaxerada, pero era así e peor", explica o autor neste Diario Cultural.
    30 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00