Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 16-01-2024
    "Temos que poder amosar as ferramentas que ten o teatro á comunidade e con elas traballar temas dos que é necesario falar”. Nauta Teatro presenta esta fin de semana o resultado escénico do proxecto de investigación sobre as identidades de xénero que desenvolve ao abeiro do festival Galicreques.
    16 min
  • Diario cultural 16-01-2024
    Xackal presenta o seu primeiro disco longo, 'Vén forte ben forte', unha viaxe sonora desprexuizada, vestida de electrónica, ritmos latinos e conexións atlánticas, da bossa ao house pasando pola música de raíz galega. Na sección de voces expertas, Mónica Maneiro lévanos ata a exposición 'Lugar sen medida', de Correa Corredoira.
    31 min
  • Diario cultural 16-01-2024
    O escultor vigués Jose Perozo amosa na galería coruñesa Monty4 unha serie de 19 pezas en madeira e cemento. A exposición 'Antropotectura' parte da idea de que a pel que habitamos é o noso refuxio. É unha reportaxe de Isabel Freire. Na sección de voces expertas, Dolores Vilavedra recomenda 'O paso en falso', de Abraham Pérez, publicado na editorial Galaxia.
    31 min
  • Plásticos no cosmos
    A contaminación por plásticos non só é un problema no mar. Estíbaliz Espinosa fálanos da enorme cantidade de ferralla orbital que rodea o noso planeta e do lixo depositado na Lúa. Con mención á oceanógrafa Ángeles Alvariño, versos de Luísa Villalta e música de Brais Morán e Ugia Pedreira.
    13 min
  • 'Circumterra', de Amalgama
    Emilio Españadero repasa as novidades na música de raíz. O grupo ‘Amalgama’ presenta o seu disco ‘Circumterra’, unha homenaxe do quinto centenario da primeira volta marítima ao mundo. É un disco conceptual que percorre os lugares da travesía a través das súas músicas tradicionais.
    12 min
  • Diario cultural 15-01-2024
    A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil organiza as 'Xornadas Gálix. Desfacendo a Raia'. Nesta edición de 2024, o protagonismo é para os novos formatos de lectura. Na sección de voces expertas, Emilio Españadero presenta as últimas novidades de música de raíz.
    31 min
  • Diario cultural 15-01-2024
    O grupo de teatro amador 'Tangatutanga Teatro' leva máis de 20 anos creando pezas moi variadas, dende comedias de Shakespeare ata pezas de creación colectiva. Agora percorren Galicia coa súa versión de 'O lago dos cisnes'. Na sección de voces expertas, Estíbaliz Espinosa presenta as novidades científicas e culturais.
    31 min
  • Os novos formatos de lectura, protagonista das Xornadas Gálix
    A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil organiza as 'Xornadas Gálix. Desfacendo a Raia', onde participan os persoeiros máis relevantes do sector literario. No Diario Cultural entrevistamos a Manuel Bragado, mestre e editor en lingua galega. Analizamos a convivencia entre o soporte impreso e o electrónico.
    18 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00